Efecto Bruxelas? A encrucillada da normativa da IA no mundo: 3. Asia (II): outros sistemas
Se China representa o modelo asiático máis centralizado e orientado á seguridade estatal, o resto do continente ofrece respostas moito máis heteroxéneas á gobernanza da IA. India, Xapón, Singapur e Vietnam exemplifican distintas estratexias que oscilan entre a transición cara a unha regulación vinculante e a aposta por modelos flexibles baseados en estándares, boas prácticas e integración normativa. Esta diversidade permite observar como Asia non presenta un modelo de regulamentación uniforme, senón un espazo de experimentación xurídica onde conviven enfoques graduais, híbridos e abertamente inspirados no modelo europeo.



