Trump : Palabra chave

fifa trump

Facerlle a pelota a Trump

Como o Nobel da Paz segue resistíndose, sempre aparece alguén disposto a cubrir o baleiro. Desta vez tocoulle á FIFA. O seu presidente, Gianni Infantino, decidiu distinguir a Donald Trump cun premio da paz, demostrando unha vez máis que, en determinados despachos, o servilismo institucional segue gozando de excelente saúde.

Facerlle a pelota a Trump Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos
ucraina

A Cimeira do G7 en Évian: reagrupación e consolidación do apoio a Ucraína

A guerra en Ucraína, atrapada durante máis de dous anos nunha cruenta dinámica de estancamento posicional, nos últimos meses, comezou a emitir sinais de posibles cambios que poden obrigar os actores clave a reformular as súas posicións estratéxicas no taboleiro internacional.

A Cimeira do G7 en Évian: reagrupación e consolidación do apoio a Ucraína Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
iran

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán

A guerra entre Irán, Israel e Estados Unidos concentrou a atención internacional na cuestión nuclear iraniana e nos riscos dunha escalada rexional. Porén, os cambios máis significativos poden estar a producirse nun plano menos visible. O conflito parece estar acelerando unha profunda reconfiguración do equilibrio de poder en Oriente Medio, marcada por unha crecente autonomía estratéxica das monarquías do Golfo, a diversificación das súas alianzas internacionais e unha progresiva orientación cara a Asia. Arabia Saudita emerxe como actor central desta transformación, mentres a India incrementa a súa relevancia económica e xeopolítica, os Emiratos Árabes Unidos exploran novas formas de influencia baseadas na interdependencia económica e Iraq consolídase como un dos principais prexudicados invisibles da crise. Máis alá da evolución inmediata da guerra, as dinámicas actuais suxiren a emerxencia dunha orde rexional máis multipolar, máis complexa e menos dependente dunha única potencia externa.

A guerra e o novo equilibrio rexional: Oriente Medio máis alá de Irán Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Top view of roll of dollar bills on colorful flag of United Stated of America symbolizing pride and unity

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale

Permanecer cegos ante o mercado chinés non é unha opción intelixente para as empresas do país. Se ben a primeira potencial mundial en termos de PIB continúa a ser EEUU, o país asiático avanza a ritmo constante no proceso de achegamento ao líder.

Trump Vs China: A vaquiña polo que vale Ler máis »

Imaxe de Explosive media

Irán, Ormuz e o desgaste do poder estadounidense

Mentres Washington oscila entre ameazas maximalistas, pausas tácticas e anuncios contraditorios sobre o fin da guerra, Irán conseguiu transformar unha posición de aparente debilidade nunha estratexia de resistencia prolongada. Lonxe de producir o colapso esperado, o conflito revelou tanto a capacidade de adaptación iraniana como os límites dunha política estadounidense cada vez máis errática e subordinada a cálculos internos. Neste escenario, o estreito de Ormuz xa non representa unicamente unha vía enerxética estratéxica, senón unha ferramenta de presión política e simbólica nunha guerra onde non só se disputan territorios ou capacidades militares, senón tamén o control do relato, a percepción global do conflito e a redefinición da orde rexional.

Irán, Ormuz e o desgaste do poder estadounidense Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026

O ano 2025 marcou un punto de inflexión no conflito en Gaza. Case dous anos despois do inicio da ofensiva militar israelí tras os ataques de Hamás do 7 de outubro de 2023, e o xenocidio contra o pobo palestino cada vez máis aberto, o 9 de outubro de 2025 Israel e Hamás anunciaron un acordo de alto o fogo que abriu a porta a un novo proceso político impulsado polos Estados Unidos. Este acordo constitúe a primeira fase do chamado Plan Integral do Presidente Donald J. Trump para pór Fin ao Conflito de Gaza, presentado oficialmente como unha folla de ruta cara a unha “paz sólida, duradeira e eterna”.

Gaza, xenocidio e “proceso de paz”: balance de 2025 e perspectivas para o 2026 Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Imaxe dun vídeo tipo Lego-Explosive Media.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos

Mentres continúan as operacións militares e se intensifica a confrontación entre Irán, Estados Unidos e Israel, a guerra non se libra unicamente no plano estratéxico ou territorial. En paralelo, despregase unha batalla menos visible pero igualmente decisiva: a disputa polo control do relato no entorno dixital. A través de formatos aparentemente triviais —como vídeos animados de estética simple e alto potencial viral—, os actores implicados procuran non só influír na percepción internacional do conflito, senón tamén redefinir o seu significado, os seus protagonistas e as condicións baixo as que poderá interpretarse o seu desenlace.

De mísiles a memes: a guerra cultural entre Irán e Estados Unidos Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio Estados Unidos
15 de xaneiro de 2026, o presidente Donald Trump recibe como agasallo a medalla do Premio Nobel da Paz concedida a María Corina Machado no Despacho Oval da Casa Branca. Fonte: White House

Que paz premia o Nobel?

O 9 de xaneiro de 2026, o Instituto Nobel viuse obrigado a emitir unha aclaración pouco habitual: unha vez concedido, o Premio Nobel da Paz non pode ser revogado, compartido nin transferido. O comunicado chegou despois de que a galardoada política venezolana María Corina Machado suxerise publicamente que podería ofrecer o seu premio a Donald Trump trala intervención militar ilegal dos Estados Unidos en Venezuela o 3 de xaneiro de 2026. O episodio condensou a controversia que rodea o Nobel da Paz de 2025 desde o seu anuncio e puxo de manifesto, con especial nitidez, a tensión entre a autoridade simbólica do galardón e os usos políticos aos que se ve sometido.

Que paz premia o Nobel? Ler máis »

O destrutor de mísiles guiados da clase Arleigh Burke USS Bulkeley (DDG 84) dispara un mísil de ataque terrestre Tomahawk (TLAM) durante as operacións en apoio da Operación Epic Fury, o 28 de febreiro de 2026. (Foto da Armada dos Estados Unidos)

Irán baixo ataque: a ilusión do cambio de réxime e as incógnitas do “día seguinte”

Unha semana despois do inicio da ofensiva militar de Estados Unidos e Israel contra Irán, o debate internacional xa non xira unicamente arredor da dimensión militar do conflito. A cuestión central é se a estratexia de presión externa pode realmente provocar un cambio de réxime ou se, pola contra, corre o risco de reforzar a cohesión interna da República Islámica.

Irán baixo ataque: a ilusión do cambio de réxime e as incógnitas do “día seguinte” Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Rolda de prensa tralo bombardeamento de Venezuela e captura de Nicolás Maduro o 3 de xaneiro do 2025. Fonte: White House

Trump, Venezuela e o novo mundo en directo

Durante todo o ano 2025, desde a súa toma de pose o 20 de xaneiro, Donald Trump dominou as axendas políticas mundiais, multiplicando temas e accións concretas. Das primeiras ameazas directas a México, Panamá ou Dinamarca, pasou á guerra arancelaria global e ás humillacións públicas á Unión Europea e a Ucraína. Todo este furacán estivo ademais acompañado dunha retórica filorracista á hora de referirse aos países africanos, ás migracións ou ao futuro destino turístico de Gaza.

Trump, Venezuela e o novo mundo en directo Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Estados Unidos Latinoamérica