iGADI Annual Report 2022-2023: Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra

Celebramos o Día das Letras Galegas 2023 publicando a décimo sexta edición do IGADI Annual Report

O IAR 2022-2023 “Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra” achégase ás consecuencias de 15 meses de invasión da Ucraína por Rusia e aos posibles escenarios de futuro na sociedade internacional, marcados por un 2024 que comezará en xaneiro coas eleccións en Taiwán...

O anuario conta coa participación de 12 investigadoras e analistas, que desde Galicia, Ucraína, India, Brasil ou Xapón, poñen a lupa aos principais acontecementos globais do 2022 que están a moldear o 2023, así como ao 2024 que outeamos no horizonte.

Os impactos e as consecuencias da Guerra percorren as chaves do 2022 e as perspectivas para o 2023-2024, tanto nas áreas xeográficas (Ucraína, India, Xapón, Lusofonía e ola progresista e integración latinoamericana) como nas transversais (fin da globalización?, nova orde económico en marcha, pacifismo, biotecnoloxía, intelixencia artificial e diásporas).

O IAR conclúe coa identificación das Personaxes do ano 2022: Francia Márquez, Nancy Pelosi, Giorgia Melloni, Mahma Madi e Lula da Silva, que apostamos por distinguir ao vincularse aos temas, as chaves e as perspectivas que presentamos ao longo do informe.

O IAR 22-23, o anuario de relacións internacionais e política global en galego do IGADI, sae a luz acompañando a homenaxe a Paco Fernández del Riego e a celebración do Día das Letras Galegas 2023.

Podes descarregar aquí o IGADI Annual Report 2022-2023, que por decimo sexto ano conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia.