Na Asemblea Xeral, ademais das Contas anuais do ano 2025, aprobouse o documento “Liñas 2026-2031. Desde Galicia, pensar e actuar no mundo” que guiará o traballo do IGADI nos próximos cinco anos, de camiño ao 40 aniversario da entidade. Reforzar a utilidade pública e o impacto galego e internacional do IGADI, son eixos estruturais da nova proposta, aprobada por unanimidade pola Asemblea Xeral.
Pola súa banda, Daniel González Palau, Presidente e Director do IGADI desde o 2017, agradeceu as persoas socias, a Rede de investigadoras asociadas do IGADI, así como ás organizacións e persoas colaboradoras coa entidade, o seu apoio durante o seu periodo na Presidencia. Da mesma maneira salientou o seu agradecemento a Christoph Schreinmoser e a Xunta Directiva saínte da Asemblea por dar continuidade ao traballo histórico do IGADI.

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é o think tank galego de referencia en análise internacional, acción exterior e estudos estratéxicos, cunha traxectoria de máis de trinta e catro anos. O IGADI traballa na análise, documentación e promoción da proxección exterior de Galicia, acompañando institucións públicas, empresas e cidadanía na comprensión dos grandes debates globais e no posicionamento de Galicia no contexto internacional. O IGADI fai parte dos órgaos consultivos da Xunta de Galicia, Consello Galego de Acción Exterior e Observatorio da Lusofonía Paz Andrade.

