igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001

Xa dispoñible o Informe Nós no Mundo 2025, o anuario da Acción Exterior de Galicia

Nun 2024-2025 marcado pola aprobación da Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029 (EGAEX 25-29), o Informe anual Nós No Mundo, dá conta dos avances e incertezas da paradiplomacia oficial galega no próximo ciclo.

Tendo a EGAEX 25-29 como eixo central do anuario, o Informe conta con achegas específicas arredor do desenvolvemento da xestión dos fondos europeos en Galicia, o Ano Castelao, a Lei Paz Andrade, ou até a relación entre a EGAEX e a Estratexia española de Acción Exterior, tamén aprobada durante este 2025.

O Informe componse de 12 textos, contando con achegas institucionais desde distintas Consellerías e departamentos da Xunta de Galicia, o Consello da Cultura de Galicia, as portavocías de Acción Exterior dos partidos políticos maioritarios con presenza no Parlamento, ou destacadas achegas de investigadores asociados do IGADI.

O Informe Nós no Mundo conta co apoio da Secretaría Xeral de Lingua e as achegas desinteresadas de todas as persoas colaboradoras. Podes descarregalo desde aquí.