Acción Exterior de Galicia : Palabra chave

Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país

Un contexto internacional crecentemente complexo A actual transición xeopolítica global está marcada por unha crecente fragmentación da orde internacional, a crise do multilateralismo liberal, a competencia estratéxica entre grandes potencias e a emerxencia de novos actores subestatais e transnacionais con capacidade crecente de proxección exterior. A guerra en Ucraína, a rivalidade sistémica entre Estados Unidos

Activar a acción exterior galega: a necesidade de artellar unha política pública de país Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable

Nun contexto internacional marcado pola fragmentación xeopolítica, a crise do multilateralismo clásico e o aumento das tensións entre grandes potencias, as dinámicas da acción internacional están a experimentar profundas transformacións. A redefinición da orde internacional liberal, a crecente competencia estratéxica entre Estados Unidos e China ou a emerxencia de novos espazos de rivalidade económica, tecnolóxica e política están configurando un escenario crecentemente complexo e inestable. Neste marco, rexións, cidades, universidades, redes transnacionais ou comunidades culturais e lingüísticas poden desempeñar un papel crecente como actores complementarios das políticas exteriores tradicionais dos Estados.

Presentación: Acción exterior de Galicia nun sistema internacional inestable Ler máis »

IGADI — Espana China 4x5

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta?

O xoves 23 de abril entre as 17h e as 20h, ofreceremos un programa de televisión por internet centrado nas relacións entre España e China. O programa é froito da nosa longa historia de seguimento das transformacións da República Popular de China desde o 1991, un ámbito no que o IGADI-Observatorio da Política China é un referentes internacional.

España-China o 23 de abril na IGADI TV: Falaremos da viaxe do Presidente da Xunta? Ler máis »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

O Observatorio das Diásporas do IGADI está a crear pequenos formatos, como o -Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña, ou o Especial Ano Castelao, para conectar desde a diplomacia pública dixital, a Galicia territorial e a Galicia exterior.

(IV) Diáspora: Crear estrutura

O discurso a propósito da diáspora debe complementarse con iniciativas estruturais que operen como aglutinantes e dinamizadores do seu potencial. Dos intentos, poucos casos teñen sido minimamente exitosos. En parte, pola instrumentación, tamén polo desprezo de establecer amplos consensos nestes eidos e, finalmente, por falta de constancia e a busca de resultados rápidos.

(IV) Diáspora: Crear estrutura Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia Ler máis »

igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001 1

Presentación Informe Nós No Mundo 2024-2025: E agora que?

Se nas últimas edicións do Informe Nós No Mundo puxemos o acento na necesidade de activar a Lei de Acción Exterior de Galicia, publicada no DOG no 2021, este ano centramos o foco na nova Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Despois de catro anos de preparación pública, oficializouse en marzo do 2025, sendo o primeiro marco estratéxico da nosa Acción Exterior trala aprobación da Lei no 2021.

Presentación Informe Nós No Mundo 2024-2025: E agora que? Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
dgp uvigo

Xornada “Acción Exterior galega: lusofonía” 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo

A Facultade de Relacións Internacionais da UVigo organiza o 24 de novembro, ás 16:00, no Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, unha xornada dedicada ao papel da lusofonía na acción exterior galega. Participarán Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior da Xunta; Daniel González Palau, director do IGADI; e Burghard Baltrusch, director

Xornada “Acción Exterior galega: lusofonía” 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo Ler máis »