Foto da autora

Abraiante Galicia (III) Muxía, a eterna

A serie "Abraiante Galicia" achega desde os ollos de Isabel Stanganelli, espazos, historias e outros elementos que non deixarán de causar asombro. Arredor das conexións de Galicia co resto do mundo...
Liñas de investigación Paradiplomacia
Idiomas Galego

Era parte do itinerario ofrecido aquel día… é máis, era o último destino antes do retorno a Santiago de Compostela. E de súpeto alí estaba Muxía. Non é un lugar máis, merece atoparse. É unha meta e non unha escala na ruta cara a outros lugares: hai que buscala. É o final dun camiño que moitos percorren a pé e que poucos esquecen. Cando comprendín que o camiño a Muxia era moito máis antigo que calquera dos Camiños a Santiago, decidín apartarme do grupo e quedarme varios días. Agardaba atopar lugares belos: paisaxes, construcións e escoitar historias. O guía mostrounos o enorme campo de rochas que se asoma ao mar da Costa da Morte, a Punta da Barca, un dos lugares máis visitados de Muxia.

Conta a historia que o Apóstolo Santiago non lograba converter á poboación á nova fe, da que era portador, coa intención de apartala de ritos pagáns. Cando comezou a fraquear nos seus intentos aparecéuselle a Virxe para sostelo na súa empresa, segundo algúns relatos acompañada de anxos, nunha barca de pedra. Dacordo con esta historia, a pedra de Abalar, a pedra dos Cadris e a pedra do Timón –moi notables na costa- foron parte daquela barca e quedaron alí como testemuño do milagre. Fronte a esa mesma costa construíuse no século XII o santuario de Nosa Señora da Virxe da Barca, que sufriu gran cantidade de calamidades naturais pero aínda se ergue de cara ao mar.

Alí tamén se atopa o faro de Punta da Barca e, máis recente, a escultura “A Ferida” , un monumento de Alberto Bañuels-Fournier erixido en setembro 2003 para honrar a quen se esforzaron en mitigar os efectos da catástrofe do buque petroleiro Prestige na Costa da Morte.

Muxia conta con múltiples historias ligadas ao mar. É posible ver no interior da igrexa innumerables maquetas de barcos por cuxos tripulantes séguese orando. A Costa da Morte é bela, rica en recursos e na solidariedade dos seus pobos, pero esixe coraxe, resignación, fe. O mar reclamou moitas vidas.

Pero durante as miñas camiñadas pola costa, a cidade, os campos e os seus muros, descubrín que Muxia era moitísimo máis. Como se a brisa viñese acompañada de murmurios milenarios. Tan difícil de definir sen o auxilio de “… hai algo que brilla no silencio” de Antoine de Saint-Exupery.

En Muxia atopáronse restos arqueolóxicos que nos demostran poboamentos prehistóricos. As lendas sobre as mencionadas pedras inclúen ritos e mitoloxías que parecen vivir no aire que nos rodea. Os nosos camiños foron transitados xa na Idade de bronce, 3000 anos a. C. a beleza e magnetismo da Punta da Barca tamén sorprendeu a poboadores e peregrinos paleolíticos, celtas, suevos, castrexos e romanos xa avanzada a Idade de ferro, entre o 1200 a. C. e o florecemento das civilizacións grega e romana. Hai restos de vilas romanas na zona: a ruta comercial atlántica conectaba co mar Mediterráneo. E aínda que non hai documentos escritos, varios petróglifos como o conxunto de Pedra da Barca conteñen figuras antropomorfas, animais- cabalos, cervos, touros -, símbolos astrolóxicos e tamén xeométricos.

Á pedra de Abalar, significa oscilante en galego, atribuíanselle poderes que ían desde presaxios- como desencontros entre os deuses e as tribos- ou ameazas de desgrazas futuras, ata a absolución dun suposto culpable se, de pé sobre ela, lograba que a pedra se movese (Unha tormenta fracturou un extremo desta pedra en 2014 e os intentos de restaurala fracasaron. Agora a rocha permanece inmóbil. A peza instalouse no adro do santuario veciño.). Tamén se asociaba coa fertilidade. Segundo a lenda- obviamente máis recente -, se unha muller senta sobre esta pedra durante a noite de San Xoán, quedará embarazada.

Os poderes curativos da pedra dos Cadrís parecen perdurar no tempo: a diario obsérvase a viaxeiros/turistas pasar nove veces debaixo dela para curar os seus problemas renais, de columna, xaquecas…

A pedra dos Namorados garantía (garante?) a benzón dun amor eterno. Se presenciamos eses rituais no terceiro milenio… por que dubidar que hai 5000 anos foron suficientes para xustificar unha peregrinaxe ou un poboamento?

Muxia, catedral neolítica, santuario prehistórico e hoxe da fe cristiá, segue rodeándonos coa súa maxia intemporal. O concepto de silencio adquire outra dimensión en Muxia. Só basta con escoitalo…

Nota de la autora: “No he recibido ningún tipo de compensación (económica o no) por escribir este artículo, no tengo conexión material con las marcas, productos o servicios que he mencionado y mi opinión es independiente”.