Documento escrito e traducido ao galego por Luis Antonio González Francisco, publicado en castelán polo Grupo de Estudios sobre Seguridad Internacional (GESI) da Universidade de Granada.

De MEK a NCRI. Un relevante actor con capacidade de influencia no Irán.

O MeK (Mujahedin-e Khalq, Guerreiros Santos do Pobo do Irán) aínda que coincidiu nos seus comezos coa  revolución islámica do Irán, non tardou en distanciarse da mesma ata converterse nun dos seus principaies detractores. Paulatinamente foi sendo obxeto dunha metamorfose ata converterse no NCRI (National Council of Resistance of Iran, Consello Nacional de Resistencia do Irán), pasando polo abandono da actividade terrorista. Ao longo desta evolución foron acusados de comportamentos  canto menos coincidentes cos dunha secta o cal non foi óbice para que fose eliminado da FTOs (Foreign Terrorist Organizations, Lista de Organizacións terroristas Estranxeiras) dos EUA. Nese país ten certa implantación e goza do favor de varias figuras públicas, algunhas delas con importantes cargos na administración Trump.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Palabras chave Galicia internacional
Idiomas Galego

O MeK (Mujahedin-e Khalq, Guerreiros Santos do Pobo do Irán) aínda que coincidiu nos seus comezos coa  revolución islámica do Irán, non tardou en distanciarse da mesma ata converterse nun dos seus principaies detractores. Paulatinamente foi sendo obxeto dunha metamorfose ata converterse no NCRI (National Council of Resistance of Iran, Consello Nacional de Resistencia do Irán), pasando polo abandono da actividade terrorista. Ao longo desta evolución foron acusados de comportamentos  canto menos coincidentes cos dunha secta o cal non foi óbice para que fose eliminado da FTOs (Foreign Terrorist Organizations, Lista de Organizacións terroristas Estranxeiras) dos EUA. Nese país ten certa implantación e goza do favor de varias figuras públicas, algunhas delas con importantes cargos na administración Trump.

As orixes do MEK remóntanse ao año 1965 cando un grupo de xóvenes estudantes da Universidade de Teherán unierónse no seu rexeitamento á figura do xerarca Mohamed Reza Pahlavi, ao que consideraban responsable da paulatina implantación e crecemento dos valores occidententais no Irán. Súa bagaxe ideolóxica era un compendio de crenzas islámicas mesturadas coa doctrina marxista e contemplaban dentro da súa estratexia o emprego da acción violenta. O nome elexido para a nova formación foi o de Mujahedin-e Khalq, Guerreiros Santos do Pobo de Irán ( MEK ).

No 1971 programaron a súa primiera acción violenta consistente nun ataque contra a rede de suministro de enerxía eléctrica de Teherán. Finalmente non se materializou debido á intervención da  SAVAK (Sazeman-e Ettela'at va Amniyat-e Keshvar, Organización de Intelixencia e Seguridade Nacional), a temible e case omnipresente policía secreta do  sah Mohamed Reza Pahlavi. Algúns dos seus axentes infiltráranse no MEK o cal ademáis de frustrar seu primeiro ataque provocou a detención e posterior morte de varios dos seus membros. Na década do 1970, o grupo foi responsable, entre outras, da morte de dous oficiais do exército do Aire dos Estados Unidos e doutros tres civís desa  mesma nacionalidade.

No 1979, baixo o liderazgo de Masoud Rajavi, o MEK uniu as súas forzas ás da revolución islámica encabezadas polo aiatolá  Ruhollah Musavi Jomeini. Esta alianza mantivose pouco tempo xa que o ascenso ao poder do crego chií, trouxo consigo medidas coma a supresión dos partidos da oposición. Nese status quo, Masoud Rajavi, alineouse co primeiro presidente electo do Irán, Abol Hassan Banisadr, contra o Partido Republicán Islámico (PRI), fundado  polo propio Jomeini en unión doutros cargos relixiosos que eran parte do seu grupo de oración na cidade de Qom.

O PRI converteuse en obxetivo prioritario do MEK toda vez que o aiatolá Jomeini obligou a Banisadr a renunciar ao seu cargo no ano 1981. Froito diso, xurdiu unha campaña contra intereses do PRI cuia expresión máis violenta aconteceu o 28 de xunio do 1981  no que foi coñecido coma a bomba de Hafte Tir (o equivalente ao 28 de xunio no calendario persa).

Perante  esa xornada perderon a vida tras unha potente explosión 73 membros da organización de Jomeini. Entre eles había cadros de moi alto nivel como o aiatolá  Mohammed Beheshti, daquelas “número dous” da revolución islámica, únicamente superado en autoridade por Jomeini. O 30 de agosto do 1981, un novo atentado con bomba perpetrado polo Exército de Liberación Nacional, a rama militar do MEK, acabou coa vida de varias persoas entre as que se atopaban Mohammed Ali Raja’i, que tomara posesión do seu cargo coma presidente tan solo 15 días antes, e Mohammed Javad Bahonar, Primeiro Ministro de Irán.

Trala proscripción e a violenta campaña de represión das autoridades iraníes contra o MEK, Masoud Rajavi e Abol Hassan Banisadr fuxiron a París. Na capital francesa fundaron unha organización denominada Consello Nacional de Resistencia do Irán (CNRI) que englobaba aos opositores ao réxime de Jomeni. Algúns militantes do MEK seguiron aos seus líderes no exilio europeo, outros en cambio desprazaronse ao Kurdistán iraquí ou a campamentos establecidos no Iraq.

Tamén houvo membros do MEK que optaron por quedarse no Irán pasando á  clandestinidade e protagonizando accións violentas para provocar a desestabilización do réxime de Jomeini. Trala invasión do Irán por Saddam Hussein no 1980, o goberno de Bagdad comezou a financiar ao MEK para que tivese un maior impacto mundial a súa campaña propagandística, ademáis de para selo receptor da información sobre o Irán que recopilaba o CNRI. No ano 1985 Masoud Rajavi puxo en funcionamiento o que él definiu coma unha "revolución ideolóxica".

Esta consistía na implantación paulatina dunha sorte de culto á persoalidade tinguido de autoritarismo e na extensión do seu control a todalas actividades dos seus miembros. Foron postos en práctica a confiscación de béns, o traballo obrigatorio, abusos físicos e dificultar en grande medida o abandono da organización a individuos descontentos.  Un ano despois, no 1986, a cúpula do MEK aceptou a invitación de Saddam Hussein para instalarse no territorio do Iraq. O líder iraquí facilitaulles o uso, aínda que non a propiedade, do terreo no que se atopaban seus campamentos. O goberno iraquí proporcionou ao MEK entrenamento militar e un amplo equipamento que incluía vehículos, armas e municións e incluso carros de combate a condición de unir súas forzas coas tropas de Saddam Husein.

Isto serviu de reclamo a varios exiliados iranís e unos 7.000 individuos, en torno ao 80% dos militantes do MEK no exilio, pasaron a engrosar as filas do Exército Nacional de Liberación. Coma contrapartida, o goberno iraquí obtiña intelixencia suministrada polo MEK, asistencia directa nos interrogatorios, traduccións do persa e tamén operacións militares sobre o terreno. A consecuencia diso, produxéronse incursións a través da fronteira co Irán que desembocaron en fortes enfrontamientos cos Corpos dos Gardiáns da Revolución Islámica de Irán, os Pasdaran.  Nalguna destas accións os efectivos do MEK contaron coa cobertura de  soldados do Iraq. Máis do 25% dos efectivos do MEK perderon a vida neste tipo de operacións. O alto o fogo da guerra Irán-Iraq no puxo fin á colaboración con Saddam Hussein. Crese  que efectivos do MEK tomaron parte xunto ás autoridades iraquíes na la represión dos levantamientos de chiitas e kurdos con ocasión da Guerra do Golfo de 1991.

En abril do 1992, membros do MEK foron responsables de por en marcha de maneira case simultánea ataques contra embaixadas e outras instalacións do Irán en 13 países distintos. No 1997 unha modificación legal nos Estados Unidos propiciou que o MEK, ao igual que outros 29 grupos, pasase a formar parte da lista de Organizacións Terroristas Extranxeiras. Esta decisión foi igualmente adoptada polo Reino Unido e a Unión Europea. No ano 2002 o grupo acadou e difundiu documentos que revelaban a existencia dun programa nuclear no Irán ao marxe do coñecemento da ONU. Este programa incluía unha planta de auga pesada en Arak e otra máis destinada ao enriquecemiento  de uranio na localidad de Natanz.

Pouco despois da invasión do Iraq no ano 2003, o 22 de abril, Washington anunciou que as forzas da coalición alcanzaran un acordo de alto o fuego co MEK. En xunio do 2003 unidades de policía militar tomaron o control do campamento Ashraf. A consecuencia diso, as forzas da Coalición se fixéronse, entre os meses de abril e xunio, co control dun importante arsenal que contaba con 300 carros de combate, 250  vehículos, tanto blindados coma destinados ao transporte de tropas, 250 pezas de artillería e cerca de 10.000 armas lixeiras.

Os case 4.000 efectivos estacionados en Ashraf foron investigados por se tiñesen responsabildiade na comisión de actos terroristas no pasado. No 2004, ademáis da base de Ashraf, na que se atopaba seu cuartel xeral, o MEK contaba con outros cinco campamentos en territorio iraquí:

  • Campamento Anzali (a uns 60 km de la frontera co Irán).
  • Campamento Bonyad Alavi (a uns 65 km. ao N.O. de Bagdad).
  • Campamento Faezeh (na cidade de Kut).
  • Campamento Habib (na cidade de Basora).
  • Campamento Homayoun (na cidade de Amara).

No 2004, os EUA recoñeceronlles aos residentes nestas instalaciones un status de protección baixo o amparo do IV Convenio de Ginebra. A comezos do 2009, o control pasou a máns do gobierno iraquí. Ata pouco antes dese traspaso de poderes os aproximadamente 3.400 habitantes do campamento de Ashraf, no que vivían separados hombres e mujeres, vestían roupas militares e facían ondear bandeiras do Irán prerrevolucionario. Segundo forzas estadounidenses estacionadas na Base Operativa Avanzada denominada Grizzly, os membros do MEK seguían adiestrándose en tácticas militares en pequenos grupos ao amparo da oscuridade. No 2011, en virtude dun acordo entre a ONU e o gobierno do Iraq, os residentes do campamento Ashraf desprazáronse a unhas instalacións situadas nas cercanías do Aeroporto Internacional de Bagdad, denominadas campamento Hurriya (Libertad). Este acordo, no que también participaron os EUA  contiña a promesa de reasentar aos residentes do campamento en terceiros países coma Albania .

O 28 de septiembro do 2012, o Departamento de Estado, liderado naquel entonces por Hillary Clinton, anunciou que o MEK fora retirado da lista de organizacións terroristas. Nesta decisión foi tido en conta o desaloxo do campamento Ashraf e a súa renuncia pública a la violencia. Con esa medida, os béns que o grupo posuía en territorio estadounidense deixaban de estar bloqueados.

En virtude de esa medida, en abril do 2013, o MEK, xa bajo as siglas CNRI  (Consello Nacional de Resistencia do Irán) abriu unha oficina en Washington D.C., non moi lonxe da Casa Blanca . Segundo explican na súa páxina web, o CNRI ten ademáis unha Secretaría en París. Tamén conta con cinco secretarios e está formado por 25  comités que actúan coma “ministerios na sombra” co obxetivo de realizar tarefas de investigación e planificación para o futuro do Irán. A presidencia do CNRI recai en Maryam Rajavi, nada no ano 1953 en Teherán no seo dunha familia de clase media. No 1985 accedeu á cúpula  do MEK dirixida por Masoud Rajavi con quen casou ese mesmo ano. Sobre a súa persoa recai a visibilidade do liderazgo do CNRI xa que seu consorte leva varios anos sen aparecer públicamente chegando a especularse coa posibilidade da súa morte.

Coa caída do réxime de Saddam Hussein o grupo perdeu súa principal vía de financiación. Pasou a obter recursos de ricos expatriados iranís con residencia nos Estados Unidos ou na  Unión Europea e de opositores ao goberno de Teherán. Súa causa, a pesares de que as autoridades de Teherán responsabilizasen ao grupo da muerte de máis de 12.000 ciudadáns iranís ao longo de tres décadas, recibiu a adhesión de cargos políticos de Estados Unidos coma os ex gobernadores Howard Dean e Edward Rendell ou o ex alcalde da cidade de Nova Iork, Rudolph Giuliani. Estes nomes forman parte dunha lista dun total de 33 persoas que ocuparon importantes postos na administración estadounidense e que, entre 2010 e 2011, participaron nun total de 22 actos para solicitar que o grupo fose eliminado da lista de organizacións terroristas. Os eventos desenrolarónse en Washington, Bruselas, Londres, París y Berlín. Calcúlase que aínda que  non  tódolos participantes nos actos cobraron pola súa intervención, o coste total da organización poderíase contabilizar en millones de dólares.

A financiación do CNRI parece gozar de boa saúde como atestiguou o pago en 2015 dunha suma de 50.000 dólares por un discurso de uns cinco minutos de duración pronunciado por Elaine L. Chao. Na actualidade Chao é a Secretaria de Transportes do Goberno dos Estados Unidos. En marzo do ano 2016 Elaine L. Chao pronunciou outro discurso na Iranian-American Cultural Association of Missouri, organización vinculada ao CNRI, polo que obtivo uns emolumentos de 17.500 dólares. Newt Gingrich, ex presidente da Cámara de Representantes e conselleiro de Donald Trump, tamén interviu en actos organizados porlo CNRI. Unha das figuras públicas que máis defende a causa do  CNRI é Rudolph Giulani. En xaneiro do 2017 enviou unha carta ao presidente de EE.UU., Donald Trump, instándoo a “establecer un diálogo coa resistencia Iraní no exilio, O Consello Nacional de Resistencia do Irán”.

Posteriormente, en xuÑo do 2017,  Rudolph Giulani interviu no congreso que o CNRI celebrou en Auvers-sur-Oise,  ao noroeste da capital francesa. O que fora alcalde de Nova Iork insistiu en que nos Estados Unidos exisitía un crecente consenso sobre a inutilidade das políticas occidentais respecto do réxime dos aiatolas. Acusaba a estes de ser os patrocinadores máis activos do terrorismo en décadas, e insistía en implementar unha política firme respecto do Irán situándose a carón do pobo iraní e da “resistencia”, en clara alusión ao movemento liderado por Mariam Rajavi, ao que definiu coma unha “alternativa viable ao réxime medieval que goberna Irán”.

É máis que probable que todas estas circunstancias sostidas no tempo non pasen desapercibidas para Michael D’Andrea, tamén coñecido polos epítetos, un tanto cinematográficos se cabe, de Dark Prince ou Ayatollah Mike. Este funcionario da CIA é o responsable das operaciones no Irán da principal axencia de intelixencia dos EUA. No pasado atribuíselle a resposabilidade de operaciones de moi alto nivel tales coma a morte de Osama Bin Laden o en programas tan cuestionables coma os interrogatorios de sospeitosos de ter vinculacións co terrorismo xihadista. Tras este eufemismo ocultanse torturas sistemáticas a persoas detidas sen supervisión da autoridade xudicial. Ademáis tamén se lle atribúe a participación nas non menos cuestionadas execucións extrajudiciais de cidadáns estadounidenses mediante o emprego de drones, actividade responsable de numerosas mortes de civís.

O MEK, trasmutado no CNRI, tivo unha transición canto menos notoria. Ao longo da sua historia pasou de ser un dos colaboradores necesarios da revolución que derrocou o réxime do sah Pahlavi no Irán a converterse, pola máis expeditiva vía dos feitos, nunha das maiores ameazas internas da administración do aiatolá  Jomeini, pasando por adoptar en ocasións tics que encaixan na definición de comportamentos sectarios.

Nese proceso prodúxose o abandono da actividade terrorista o cal no xurdiu por xeración espontánea xa que foi produto da invasión do Iraq. A caída de Saddam Hussein, seu principal patrocinador, non foi seguida pola do grupo. O MEK foi obxeto dun tratamento diferencial e co paso do tiempo, en gran parte debido a uns importantes recursos financieiros que seguramente propiciaron o apoio de importantes personalidades, converteuse nunha sorte de interlocutor válido cun importante peso específico na estrategia diplomática e/ou encuberta do EUA.

A fórmula de apoiar, directa ou implícitamente, a gobernos no exilio no é nin moito menos un fenómeno novo. No 1991 nunha alianza impensable hoxe en día, EE.UU. e Siria coincidiron no apoio a un goberno iraquí no exilio coma alternativa ao réxime de Saddam Hussein o cal estaría encabezado polo dirixente kurdo Jalal Talabani. Tras moitos avatares e varios anos despois, no 2005, Talabani foi nomeado presidente do Irak.

O mesmo Irán é un exemplo de como pode resultar exitosa unha revolución en gran parte teledirixida dende o exilio por Ruhollah Musaví Jomeini.

A  implantación do MEK no Irán e o carisma dos seus líderes distan moito de alcanzar o nivel do cal gozaban Jomeini e seus seguidores. Malia todo, o grupo sí que amosou posuir unha notable capacidade organizativa e de contar con redes con acceso a información de gran valor no Irán. Respecto ás súas hipotéticas capacidades militares, pese a recibir entrenamiento no pasado, están parecen ser limitadas xa que la maior parte dos seus membros con experiencia en combate no exilio en Albania rondan os sesenta anos. Esta idade é elevada para eventuais misións de combate aínda que non para ser formadores de posibles novos combatentes.

Para os EUA  o derrocamiento da teocracia iraní foi durante anos un dos seus “intereses permanentes”. Por iso, non sería descartable polo menos no campo da hipótese, que, na actualidade ou nun  futuro,  unha organización coma o MEK / CNRI con experiencia militar, contactos no país e un forte sentimento de adhesión aos seus líderes,  sexa empregado  coma actor interposto de cara a influir nunha eventual desestabilización da República Islámica de Irán.