Bandeira de Ucraína

Armas para Ucraína

En maio do ano pasado morreu en Saint Jean de Verges, Josep Almudéver Mateu. Tiña 101 anos. Josep Almudéver nacera en 1919 en Marsella, nunha familia de orixe valenciano, de Alcasser, o que lle permitiría contar con pasaporte español. En 1937, con apenas 17 anos, integrouse nas Brigadas Internacionais. Foi capturado en Alacante en 1939 e condenado inicialmente á pena de morte, posteriormente conmutada. Ao saír da cadea colaborou coa Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón ata que en 1946 exiliouse a Francia, ao caer parte da rede de axuda aos guerrilleiros. A súa vida ben podería dar para unha película, como a vida de David Carr, o brigadista inglés que é protagonista de “Terra e Liberdade”, a película que en 1995 dirixiu Ken Loach.
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Idiomas Galego

En maio do ano pasado morreu en Saint Jean de Verges, Josep Almudéver Mateu. Tiña 101 anos. Josep Almudéver nacera en 1919 en Marsella, nunha familia de orixe valenciano, de Alcasser, o que lle permitiría contar con pasaporte español. En 1937, con apenas 17 anos, integrouse nas Brigadas Internacionais. Foi capturado en Alacante en 1939 e condenado inicialmente á pena de morte, posteriormente conmutada. Ao saír da cadea colaborou coa Agrupación Guerrilleira de Levante e Aragón ata que en 1946 exiliouse a Francia, ao caer parte da rede de axuda aos guerrilleiros. A súa vida ben podería dar para unha película, como a vida de David Carr, o brigadista inglés que é protagonista de “Terra e Liberdade”, a película que en 1995 dirixiu Ken Loach.

Carr e Almudévar son apenas dous nomes propios entre os mais de 35.000 mozos e mozas, socialistas, comunistas ou anarquistas, que dende as máis diversas partes do mundo converxeron na península para defender a República: 9.000 franceses, 4.000 alemáns, 2.500 estadounidenses integrados no Batallón Abraham Lincoln, máis de 2.000 ingleses e italianos… Teño que recoñecer que hai uns anos, emocioneime ao atopar no paseo marítimo de Wellington unha placa en lembranza dos neocelandeses que combateran en España. Non parei ata que me fixen cun exemplar da edición en español de “Kiwis Compañeros”, unha man chea de breves biografías daqueles homes e mulleres que loitaron pola República, no fronte ou en labores asistenciais, recompiladas pola equipa de investigación do profesor Mark Dervy, da Massey University.

Josep Almudéver Mateu escribiu con máis de 90 anos un libro: “El pacto de no intervención. Pobre República”, publicado en 2014, onde Almudéver relata a súa experiencia e co título denuncia un episodio negro para as democracias europeas: o acordo entre diversos países para non fornecer armas aos bandos enfrontados en España en base ao cal Francia e Reino Unido negaron este suministro de armas ao goberno lexítimo de España, o mesmo que Estados Unidos.

O bando franquista, que sempre estivo mellor armado ao ser as tropas africanas (entre as que destacaban a Legión e os Regulares), a peza fundamental do levantamento, contou sempre, a pesares dos acordos asinados, co apoio indisimulado da Alemaña nazi, da Italia fascista e da dictadura portuguesa, e tamén de envíos de suministros dende países democráticos sufragados por empresarios profascistas. Pola súa banda, a República contou apenas co apoio da Unión Soviética e o México de Lázaro Cárdenas, que foi despois, como sabemos, refuxio para milleiros de exiliados/as.

O Pacto de Non Intervención, aprobado pola Sociedade de Nacións, foi na realidade, un arma máis contra a República española. Seguramente o Pacto non foi a única causa da vitoria da barbarie franquista, pero axudou. Axudou moito. Para os legos/as na materia recomendo botarlle unha ollada ao capítulo que Paul Preston lle adica en “La Guerra Civil Española”.

O historiador Hugh Thomas relata na súa obra sobre a Guerra Civil como Leon Blum, presidente francés do Frente Popular, nun mitin celebrado a principios de agosto de 1936, antes de facer efectivo o embargo, foi aclamado por unha multitude que berraba “Armas para España!”, unha petición que secundaban tódolos líderes sindicais e os líderes das organizacións socialistas e comunistas. Armas para defender a República, armas para defender a democracia, armas para derrotar ao fascismo.

Febreiro de 2022. O exército ruso bombardea as cidades ucraínas, as tropas rusas invaden un país soberano. Non é a primeira vez. As vítimas cóntanse por centenares. O exército ucraíno contén a embestida como pode, suplindo a súa inferioridade numérica e de medios con valor. Dun lado un ditador que reprime calquera conato de oposición. Doutro lado o representante dunha democracia. Non é casualidade: un é un antigo axente da KGB, habituado á violencia, a conseguir os seus propósitos por calquera medio, coa tortura, co asasinato. O outro, un cómico. A súa arma sempre foi a risa como medio para acordar conciencias.

Hoxe non queda xa vivo ningún daqueles brigadistas, non queda xa vivo ningún daqueles mozos e mozas que en 1936 e 1937 deixaron os seus fogares e familias para loitar nun país que lle era descoñecido pero co que compartían uns principios e valores. Tampouco quedan vivos case ningún daqueles milicianos españois que seguiron combatendo por unha causa que sabían perdida na súa patria, e pola que seguiron loitando despois en tantos lugares de Europa.

Tal vez sexa unha sorte que todos eles estean mortos/as. Líbranse de pasar a vergoña que hoxe moitos e moitas sentimos cando escoitamos a dirixentes de organizacións de esquerdas, (como a Ione Belarra de Unidas Podemos ou a Ana Pontón do BNG), esixir que non se envíen armas ao pobo ucraíno, esixir, na práctica, que o pobo ucraíno se rendan, que se entreguen aos desexos do ditador ruso.

Ione Belarra anunciábanos hai uns poucos días que, co exlider laborista Jeremy Corby e co líder de Francia Insubmisa, Jean-Luc Mélenchon, ía promover un movemento internacional polo embargo de armas… En que cabeza cabe?. ¿Cal será o lema dese movemento: “Viva Putin!”?.

Hoxe a defensa da democracia esixe que os países europeos apoien ao goberno ucraíno. Con medidas económicas, sí, e tamén con armas. Aínda que so sexa porque as medidas económicas tardan tempo en facer efecto e a vía militar é o único medio de gañar tempo. Apoiar a resistencia militar ucraína é o único xeito de obrigar ao goberno de Vladimir Putin a retroceder nos seus propósitos, é o único xeito que fará posible que a vía da negociación encontre o seu espazo. Sonará terrible escoitalo, pero a paz hoxe en Ucraína, non se defende con comunicados, non se defende con condenas na prensa ou chios no Twitter. A paz hoxe deféndese con mísiles terra-aire, con foguetes contra tanques, con sistemas avanzados de defensa aérea…

Estes días leo de cando en vez distintos manifestos que encabezados por frases vacuas sobre a paz condenan á OTAN, capitalismo e á industria armamentística. En moitos deles nin sequera faise mención á invasión de Ucraína, 

Un embargo de armas non é unha medida neutral, iso o saben ben Ione Belarra e Ana Pontón e o sabe ben todo aquel que o esixe: entre dous contendentes tan desiguais como son Ucraína e Rusia, o embargo o que fai é sentenciar ao mais feble. Pasou en España en 1936, e volverá a pasar si esa esixencia atopa eco nos gobernos europeos.

Estes días leo de cando en vez distintos manifestos que encabezados por frases vacuas sobre a paz condenan á OTAN, capitalismo e á industria armamentística. En moitos deles nin sequera faise mención á invasión de Ucraína, non se menciona case á agresión imperialista rusa, esquécense dos centos de asasinatos que as súas tropas están a cometer. Padecemos unha esquerda esquizofrénica, unha esquerda anclada naquelo de “O inimigo do meu inimigo é o meu amigo”, e así o seu odio á OTAN ou a Estados Unidos, failles abrazar a monstros coma Putín, Daniel Ortega ou Nicolas Maduro…

Xa non quedan brigadistas ou guerrilleiros/as vivos. Quédanos a lembranza das súas loitas e quédanos o seu exemplo.

Ione Belarra e Ana Pontón e quenes as seguen no seu desvarío pro-ruso, poderían botarlle unha ollada a dous libros: “Las brigadas internacionales. Fascismo, libertad y Guerra Civill española”, de Giles Tremlett ou a “La última gesta. Los republicanos que venceron a Hitler (1939-1945)”, de Secundino Serrano. Seguro que algo aprenderán.

Hoxe a única alternativa de dignidade para a esquerda é facer súa a frase daquela multitude en Francia no verán de 1936 e berrar “Armas para Ucraína!” como eles berraron no seu día “Armas para España!”.

Á República española deixárona soa fronte ao fascismo franquista. Contribuirá hoxe a esquerda a abandonar ao pobo ucraíno ante as botas do imperialismo ruso?.