Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Ucraína en 2003 vista dende o exterior

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A semana pasada celebrouse en Varsovia a xa tradicional conferencia "Ucraína en Europa", patrocinada por unha fundación gobernamental polaca. A diferencia do ano pasado, a conferencia, a que atrae a atención de representantes de moitos países europeos, non contou coa presencia de representantes das forzas ucraínas pro-presidenciais nin cos da Administración do presidente Kuchma pero …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Destino Tuzla: un dique rigorosamente vixiado

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Dende o pasado 29 de setembro constrúese no mar de Azov un dique de 4 km. entre a península rusa de Tamañ e a illa ucraína de Tuzla. Tuzla pasou a ser parte de Ucraína en 1954, cando o goberno de Nikita Jruschov decidiu entregarlle a península de Crimea a Ucraína. Anteriormente, formou unha República …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Os asasinatos de xornalistas ucraínos

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Unha das recriminacións seica máis agudas que lle fan os observadores occidentais a Ucraína é a falla de liberdade de prensa e maila inseguridade que existe para que os xornalistas podan desenvolve-las súas actividades. O secuestro e asasinato do xornalista Gongadze provocou unha crise nas relacións de Ucraína co resto do mundo chamado democrático, e …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Avances no Cumio Ucraína-UE

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
A semana pasada, no balneario de Yalta (na península de Crimea), celebrouse o Cumio Unión Europea – Ucraína. O obxectivo da reunión foi a avaliación do proceso de achegamento de Ucraína á Europa unida, que considera aínda a necesidade de moitas reformas políticas e económicas. Unha preocupación adicional foi a recente sinatura dun acordo sobre …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

¿Unha pequena URSS pola vía aduaneira?

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Se o documento asinado o pasado fin de semana no cumio da Comunidade de Estados Independentes (CIS) se implanta ó pé da letra pode ter consecuencias graves "por non dicir fatais- en todo o espacio postsoviético. O núcleo central do convenio trata da creación dun Espacio Económico Único entre a Federación Rusa, Ucraína, Belarus e …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: vacacións para a reforma constitucional

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A cuestión da reforma constitucional se converteu no tema clave da vida política ucraína. Todos os actores do proceso político están de acordo en que a Lei fundamental necesita cambios: primeiro, porque certas incongruencias nas súas interpretacións suscitan desacordos que ameazan con certa desestabilización social; segundo, porque non establece un procedemento claro para introducir emendas. …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: reforma constitucional

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O parlamento ucraíno decidiu aprazar as súas sesións durante unha semana ante o bloqueo imposto pola oposición (formada polos grupos "A Nosa Ucraína" "NU" e de Y. Tymoshenko) que trabaron a votación do proxecto de emendas á Constitución proposto polo presidente Kuchma e que deben ser sometidas á Corte Constitucional. A oposición explica a súa …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Moitos puntos cardinais na política ucraína

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Segundo o presidente do comité parlamentario para Asuntos da Integración Euroatlántica, Borys Tarasiuk, Ucraína pode facerse membro da OTAN nun prazo de 4 a 6 anos despois do cambio de poder, tendo en conta as eleccións presidenciais que terán lugar o ano que vén. Arestora, afirmou nunha rolda de prensa, dáse un proceso de enfriamento …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína en Europa: amizades e reformas

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A semana pasada o Presidente de Ucraína Leonid Kuchma celebrou unha entrevista informal co Presidente da Comisión Europea, Romano Prodi, en Bologna (Italia). O servicio de prensa da Administración Presidencial en Kíev non revelou detalles acerca do contido das conversas sostidas en Italia, pero a Unión Europea non se amosa propensa a concretar as perspectivas …

Romanov, Oleksiy Ler máis »