Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Desexos baleiros para negociar a paz

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Recentemente, Emmanuel Macron volveu a provocar furia en Kiev. O presidente francés pediu a Occidente que estudase como responder á demanda rusa de garantías de seguridade se Moscova acepta negociar o fin da guerra. “Unha das cuestións fundamentais que debemos pensar… é o temor de que a OTAN se achegue á porta de Rusia e …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Bandeira de Ucraína

O agresor terrorista segue crendo que lle teñen medo

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O martes 15 de novembro, ao redor das 15:40 horas, xusto cando Rusia estaba a lanzar o seu ataque de mísiles máis masivo contra Ucraína desde o inicio da invasión, producíronse en Przewodów, un pobo polaco a uns 5 km da fronteira con Ucraína, dúas explosións que custaron a vida a dúas persoas nunha instalación …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

A manobra de Khersón

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Esta semana comezou cunha declaración importante do presidente ucraíno Zelenskyi, confirmando que Ucrania nunca se negou a negociar con Rusia, pero está disposta a facelo sobre unha base seria e nomeou as condicións relevantes para iso:     • restauración da integridade territorial de Ucrania;     • respecto á Carta da ONU;     …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Bandeira de Ucraína

A ponte queimada de Putin

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O pasado 8 de outubro, cando Putin acababa de celebrar o seu 70º aniversario, produciuse un estraño incidente na ponte que une a península anexionada de Crimea coa parte continental de Rusia. Por mor da explosión dun tráiler que cruzaba a ponte incendiáronse varias cisternas con combustible dun tren que, casualmente, atopábase detido á beira do lugar do accidente. Moito lume e fume, pero a ponte non resultou destruída, a circulación de automóbiles foi renovada o mesmo día, a ferroviaria ao día seguinte (aínda que para restablecer a capacidade de tránsito completa as autoridades rusas poñen o prazo de xullo).
Bandeira de Ucraína

O sentido dos “referendos” de Putin

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Recentemente, en vésperas dos referendos nos territorios ocupados de Ucraína na Internet comezou a circular unha cita da Enciclopedia Militar Soviética do ano 1932: “Anexión, A toma por parte dun Estado dun territorio que non lle pertencía anteriormente, aparentemente formalizada segundo as esixencias do dereito internacional burgués... Para xustificar os actos de anexión nas relacións interestatais, ás veces escenifícase a "vontade" popular -en forma de plebiscitos entre a poboación dos territorios anexionados. Estes pseudo-plebiscitos representan unha falsificación da vontade popular, xa que se realizan en condicións de ocupación por parte do Estado que leva a cabo a anexión.” (Isto é algo que deberían ler os que aínda se tratan de convencer que as tropas invasoras están a retomar a “xesta antihitleriana”, porque exhiben a mítica “bandeira da vitoria de Berlín” onde agora cometen os seus crimes de guerra). 
Bandeira de Ucraína

El alcance de la contraofensiva ucraniana

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
El 6 de septiembre las tropas ucranianas sorprendieron con una impetuosa contraofensiva en la provincia de Járkiv. En julio pasado, el alto mando del ejército hizo saber al público que el presidente Zelenskii había dado la orden de comenzar con la liberación del sur de Ucrania. Era lo que todos estaban esperando, tanto los implicados en el conflicto, como los observadores. En julio iba a llegar el grueso de las armas prometidas por Occidente, sin las que Ucrania no estaba en condiciones de cambiar la situación a su favor: los rusos dominaban en el aire, pudiendo alcanzar casi impunemente objetivos en todo el territorio del país; en la línea del frente un disparo de la artillería ucraniana era respondido por 40 a 50 disparos rusos, según un combatiente ucraniano; para el otoño la relación se redujo más de diez veces.
Fonte; AP

Conmemorando un aniversario más de la proclamación de la independencia de Ucrania

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
El 24 de agosto de 1991 fue proclamada la independencia de Ucrania, como respuesta al intento de golpe de estado en Moscú, emprendido por las fuerzas más duras (y oscuras) de la antigua nomenklatura del partido gobernante en la URSS. Ese intento no tenía por objeto conservar el "estado de obreros y campesinos" o la "unión de repúblicas libres", sino algo muy distinto. Para mantenerse en el poder necesitaban reinstaurar el totalitarismo soviético, pero sin esas mínimas porciones de libertades económicas, sociales o nacionales que se desplegaron durante la perestroika, como un desesperado y poco madurado intento de hacer más viable el sistema soviético.
Bandeira de Ucraína

Sen novidade na fronte? Isto vese mal

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Dende que os rusos repregaron as súas tropas das provincias de Kyiv e Chernihiv a situación nas frontes de guerra en Ucraína non coñeceu cambios importantes. Os rusos seguen ocupando o 20 por cento do territorio de Ucraína, que tomaron nos primeiros días e semanas da actual invasión aberta. Intensificaron os seus ataques na zona de Donbás sen lograr éxito definitivo. Tomaron control sobre as cidades estratéxicas de Siverodonetsk e Lysychansk, podendo dicir que cumpriron coa tarefa de "liberar" toda a provincia de Luhansk (fáltanlles pedazos do seu territorio pouco significantes), na provincia de Donetsk seguen onde comezaran.
22 de xullo, Cimeira Irán, Rusia e Turquía

É inxenuo pensar que Putin darase por satisfeito con Ucraína

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A guerra que Rusia leva en Ucraína non é un conflito local nin rexional. Aquel que iniciou esta campaña criminal explicou unha e outra vez que vai contra todo o "Occidente colectivo" logrando producir repercusións verdadeiramente globais. Unha delas é o bloqueo das exportacións de grao de Ucraína, que está entre os primeiros produtores mundiais.
Bandeira de Ucraína

A escalada bélica continuará

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Rusia ten motivo para celebrar unha vitoria: as súas tropas ocuparon a cidade de Lysychansk, a última poboación importante da provincia de Luhansk que quedaba baixa o control de Kíiv. Con isto Moscova pode considerar completada unha das tarefas da súa "operación militar especial": protexer a "República Popular de Luhansk" na totalidade do territorio da provincia que reclama esta formación autoproclamada.