Romanov, Oleksiy

Romanov, Oleksiy

Historiador e investigador centrado en cuestións ligadas á liberación nacional e social no século XX e na actualidade, especificamente en Alemaña, España, Catalunya, Ucraína, Bielarús, Lituania, Grecia, etc. En 1986 defendín a tese doutoral sobre movementos migratorios no interior e exterior de España en 1975-1985. Traballei como investigador no Instituto de problemas sociais e económicos do exterior da Academia Nacional de Ciencia de Ucraína, publicando artigos sobre traballadores migrantes, a cuestión nacional en Catalunya, minorías nacionais en Europa Occidental. Traballando no Instituto da historia de Ucraína da mesma Academia, dediqueime a investigar o pasado da comunidade grega en Ucraína e a súa relación coa súa patria histórica. Desde os anos 90 colabora co IGADI.


Artigos de Romanov, Oleksiy

Ucraína: a indignación nas rúas

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
  Resulta moi significativo que mentres nas zonas pro gobernamentais son queimados os símbolos laranxas -a cor desta revolución- e agredidos os partidarios de Yúschenko, en Kíev non hai enfrontamentos. En cambio, hai comprensión con respecto aos partidarios de Yanukóvych que foron mobilizados polas administracións e ameazados con ser despedidos. Abandonados polos organizadores, reciben té …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína pasa á segunda volta

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
  Durante a súa campaña electoral, Yanúkovych contou co apoio explícito do presidente ruso Vladímir Putin, xa que que propugnaba relacións económicas máis estreitas co "gran veciño do norte". Para gañar máis votos, o primeiro ministro prometeu conceder ao idioma ruso o status de segunda lingua oficial, e conseguir un acordo de dobre nacionalidade con …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: as eleccións máis “suxas”

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
  Ucraína elixirá novo presidente a finais de outubro, tralos dez anos de goberno de Leonid Kuchma, o segundo presidente despois da proclamación da independencia en 1991. Kuchma cumpriu a súa promesa de non presentar a súa candidatura, anque ben podería face-lo no caso de considerar que foi elixido só unha vez baixo a Constitución …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína: nova doutrina militar

Apartados xeográficos ARQUIVO Europa
O presidente Kuchma ven de instaurar unha nova doutrina militar para Ucraína que substitúe a primeira, adoptada en 1993, en virtude da cal, Kiev proclamaba a súa renuncia ás armas nucleares herdadas da Unión Soviética e o seu desexo de non adherirse a ningún bloque militar. A nova doutrina parte de novas realidades e contempla …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Presidente Putin

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Os prognósticos que lle prometían a Putin entre un 70 e un 80 por cento dos votos nas eleccións non fallaron esta vez (tampouco había moitas dúbidas ó respecto). Despois de rematado o cómputo do 99 por cento dos votos emitidos, obtivo un 71 por cento e seguirá sendo presidente outros catro anos. Hai catro …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Outro escándalo en Ucraína: a moda dos espías

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
O pasado 18 de febreiro comparecía nas oficinas da emisora "Deutsche Welle" en Berlín, Valeri Krávchenko, conselleiro da embaixada ucraína e xeneral maior do Servicio de Seguridade de Ucraína, para declarar que recibira ordes dos seus superiores para espiar aos líderes da oposición ucraína e aos membros do goberno e altos funcionarios, ordes que non …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Ucraína, crise?, que crise?

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A semana pasada, a Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa (APCE) adoptou, con 46 votos contra 13, unha resolución advertindo a Ucraína, que de seguir implementando a súa reforma constitucional por medios anticonstitucionais e non garantir a celebración de eleccións presidenciais xustas e ceibes en outubro próximo, a súa calidade de membro do Consello será …

Romanov, Oleksiy Ler máis »

Crise constitucional en Ucraína

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
A sesión da Verkhovna Rada, o Parlamento ucraíno, pechouse prematuramente o pasado xoves 15 de xaneiro porque a oposición obstruíu o seu funcionamento, non disposta a aceptar a forma en que tratan de promover a reforma constitucional a maioría parlamentaria e máis os comunistas, que propoñen a elección do presidente do país polo Parlamento. O …

Romanov, Oleksiy Ler máis »