Nacións Unidas : Palabra chave

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar?

Despois de máis de dúas décadas de complexas negociacións, o pasado 17 de xaneiro de 2026, entrou en vigor o comunmente chamado Tratado Global dos Océanos ou Acordo BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) de Nacións Unidas. Para o secretario xeral, António Guterres, trátase dun fito histórico para o océano e o “multilateralísimo”.

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar? Ler máis »

lugo trump 2026

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial?

O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle este xoves 26 de febreiro ás 19.00 horas na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o faladoiro “A administración Trump: unha nova orde mundial?”, dentro do ciclo de debates Encontros de Lúa Che

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial? Ler máis »

GT 06 page 0001

Entrevista a Daniel González Palau no Global Times “A Iniciativa de Gobernanza Global defende un novo modelo, que busca no seu núcleo a eficacia e a inclusión”

Nota do editor: Co sistema de gobernanza global afrontando déficits de representación, autoridade e eficacia, a Iniciativa de Gobernanza Global proposta por China (IGG) ofrece un enfoque oriental para facer fronte aos desafíos do noso tempo. Responde ao chamamento da comunidade internacional a favor dun sistema de gobernanza global máis xusto e equitativo, e ten acadado unha ampla resonancia en todo o mundo. Daniel González Palau (Palau), director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, compartiu a súa comprensión da iniciativa e das súas implicacións para a gobernanza global co xornalista do Global Times Zhang Ao.

Entrevista a Daniel González Palau no Global Times “A Iniciativa de Gobernanza Global defende un novo modelo, que busca no seu núcleo a eficacia e a inclusión” Ler máis »

Xi Jinping presentou a IGG no marco da cimeira da Organización de Cooperación de Shangai no mes de setembro do 2025, días antes da Asemblea Xeral das Nacións Unidas.

A Iniciativa de Gobernanza Global: China e a súa aposta por reformar o sistema multilateral “desde dentro”

Con afinado sentido da oportunidade, China completa neste setembro de 2025 a cuarta pata sobre a que sustenta a súa estratexia internacional: a Iniciativa de Gobernanza Global (IGG), “directriz fundamental para salvagardar os propósitos e principios da Carta da ONU”¹. Logo da difusión, a partir de 2021, das Iniciativas para o Desenvolvemento Global (IDG), para a Seguridade Global (ISG) e para a Civilización Global (ICG), a República Popular érguese como activa promotora da reforma do sistema multilateral.

A Iniciativa de Gobernanza Global: China e a súa aposta por reformar o sistema multilateral “desde dentro” Ler máis »

igadi annual report 2024 2025 1

O legado do Cumio do Futuro

O sistema das Nacións Unidas (NN.UU.) enfróntase a unha crise sen precedentes. Exemplos como a agresión de Rusia a Ucraína, que vulnera frontalmente o principio de prohibición do uso da forza, e os ataques masivos a civís por parte de Israel contra a poboación de Gaza, que pisotean o dereito humanitario, amosan unha erosión dos piares do sistema internacional de seguridade colectiva e de cooperación internacional, e non son feitos illados. A incapacidade da estrutura xurídica e institucional de NN.UU., para adaptarse a unha nova realidade xeopolítica, e a súa falta de eficacia para dar resposta ás crises multidimensionais das últimas décadas, fan necesaria unha revisión das súas bases que responda aos desafíos da gobernanza no século XXI.

O legado do Cumio do Futuro Ler máis »

Política Externa Feminista e a Cimeira do Futuro

Que é a Política Exterior Feminista e cal é a súa relación co Pacto do Futuro? Lanzamos publicación en liña en castelán e portugués

O proxecto “As mulleres no mundo do século XXI: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” tivo como obxectivo principal, difundir e reflexionar sobre a Política Exterior Feminista (PEF), como un enfoque innovador nas relacións internacionais do S.XXI e política de Estado baseada nos Dereitos Humanos.

Que é a Política Exterior Feminista e cal é a súa relación co Pacto do Futuro? Lanzamos publicación en liña en castelán e portugués Ler máis »

summit of the future

O Cumio do Futuro e a reforma das Nacións Unidas

En xaneiro do 2024, durante o o Terceiro Cumio do Sur en Kampala (Uganda), António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas (NNUU), reuniuse cos líderes do G77 e nel apelou a que deben ser eles, os países emerxentes e en desenvolvemento, os que deben liderar os esforzos para reformar as institucións e marcos internacionais obsoletos. Os países membros do G77 representan o 80% da poboación do planeta.

O Cumio do Futuro e a reforma das Nacións Unidas Ler máis »

summit of the future

Cambiará o rumbo das Nacións Unidas o Cumio do Futuro?? (artigo final)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Cambiará o rumbo das Nacións Unidas o Cumio do Futuro?? (artigo final) Ler máis »

IGADI Annual Report 2023-2024: Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade

O dereito á alimentación: escasez de xustiza, chaves do 2023 e proxección para 2024

O IGADI Annual Report é o informe anual de relacións internacionais e política global do IGADI. Serve para realizar unha análise da xeopolítica internacional desde Galicia, no obxectivo de achegarse aos acontecementos máis destacados do ano, así como as dinámicas de fondo que modelan a realidade internacional e as perspectivas principais do ano en curso.

O dereito á alimentación: escasez de xustiza, chaves do 2023 e proxección para 2024 Ler máis »

uncivilsocietyconference image

Cal é o papel das Organizacións non Gobernamentais no Cumio do Futuro? (Especial, Sexta Parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Cal é o papel das Organizacións non Gobernamentais no Cumio do Futuro? (Especial, Sexta Parte) Ler máis »