Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Terceira Parte
pacto do futuro

Cal é o principal obxectivo do Cumio do Futuro? O Pacto do Futuro (Especial, terceira parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Tras coñecer os principais temas na axenda, o que nos toca agora é ir un paso mais ala e falar dos obxectivos do cumio do futuro. Cal é a verdadeira finalidade de tal evento? Que se aspira conseguir coa súa celebración?

Tal como se mencionou nos dous últimos artigos da serie, o obxectivo final do cumio é a elaboración dun Pacto do Futuro. Non obstante, a ese documento anexaranse outros da mesma importancia que serán complementarios na consecución dos obxectivos.

Dous dos grandes documentos que serán temas centrais no cumio serán a Declaración das Xeracións Futuras e a aprobación dun Pacto Mundial Dixital.

A Declaración das Xeracións Futuras aspira a ser unha iniciativa que promova a protección dos intereses e dereitos das xeracións futuras no contexto da toma de decisións. Pese a ser este un tema recorrente no marco da ONU, nunca se puxera sobre a mesa de forma explícita a elaboración dun informe escrito que recoñecese ese dereito das xeracións futuras a vivir nun mundo sostible e xusto.

Dado que é evidente a dificultade de elaborar este documento sen a colaboración da mocidade actual, os co-facilitadores responsables de dirixir este proxecto convocaron os días 15 e 16 de xaneiro de 2024 unha consulta informal virtual coas partes involucradas. Entre as que se atopaban: grupos xuvenís e indíxenas; axencias, fondos e programas da ONU; organización da sociedade civil e institucións de investigación e o sector privado.

Trátase de facer un esforzo polo que o proceso de negociacións sexa máis inclusivo e equitativo, e no que todas as voces poidan ser escoitadas. Dado que non podemos expor todas as propostas dos distintos grupos centrarémonos nunha consulta clave, a que tivo lugar cos grupos xuvenís e indíxenas. Se fora de interese ler as outras propostas estas están dispoñibles en Stakeholder consultations for the Declaration on Future Generations.

Cabe destacar que na consulta con estes grupos os temas que máis destacaban foron a importancia de incorporaralos nos procesos de toma de decisións e a reclamación dunha xustiza interxeracional que salvagardase os seus dereitos. Algunhas das súas exixencias máis destacadas foron o nomeamento dun enviado especial para as xeracións futuras, a solicitude dun informe anual sobre as xeracións futuras, a defensa polo recoñecemento de dereitos específicos dos pobos indíxenas, a utilización dun linguaxe especifico, etc.

Todas as consultas na súa totalidade destacan pola proposición de medidas concretas, deberemos agardar a ver se finalmente estas son incluídas no documento final.

O Pacto Dixital Mundial pola súa parte, constitúese como unha folla de ruta que marcará o camiño cara a construción dun futuro dixital equitativo. O borrador foi publicado un 1 de abril de 2024, e espera ser aprobado no Cumio do Futuro. Adxunto o borrador por se fose de interese ampliar información, Global Digital Compact.

O seu obxectivo é dobre, o que se busca é levar a cabo unha dobre transición, a dixital e a verde. O que se pretende é utilizar a tecnoloxía para acelerar a aplicación dos obxectivos da ONU. Baseásese en 5 principios reitores que foron esbozados no borrador: universalidade e non discriminación, dereitos da humanidade, apertura e interoperabilidade, inclusión e participación mais sostible.

Se nos transportamos a o articulo anterior sobre os temas na axenda, veremos que estes dous documentos correspóndense con dúas das liñas temáticas de actuación que foron presentadas no borrador 0 do pacto do futuro. Polo que nun principio poderíase dicir que ambos documentos están en consonancia co Pacto do Futuro, agora toca esperar a ver o resultado final dos tres documentos.

En resumo, poderíamos dicir que o cumio non só representa un punto de encontro para a elaboración de acordos formais, senón que tamén é un chamado a acción para todos os sectores da sociedade.

Agora tócanos pensar se estes documento son suficientes para abordar os desafíos globais actuais ou necesitamos outro enfoque mais transformador?