Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Cuarta Parte
Os 17 Obxectivos da Axenda 2030

Que relación garda o Cumio do Futuro coa Axenda 2030? (Especial, Cuarta parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Ao ser a programación rectora do actual sistema de Nacións Unidas, resulta evidente que o Cumio do Futuro preséntase como unha oportunidade para acelerar os 17 Obxectivos sobre Desenvolvemento Sostible establecidos na Axenda 2030.

Especialmente, cando sabemos que o último Cumio sobre os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible celebrado en setembro do 2023, deixou un moi mal sabor de boca aos altos dirixentes. A falta de 6 anos para alcanzar a data límite do ano 2030, só o 15% das 169 medidas contidas dentro dos ODS están en camiño de cumprirse. O que resulta canto menos alarmante e desalentador.

Nun esforzo por tratar de reconducir a situación nese mesmo Cumio, adoptouse unha declaración política por parte dos Estados membros que se comprometían a emprender accións inmediatas para encamiñar o cumprimento dos obxectivos de novo. O principal tema do que se empapa o documento eé sobre o financiamento, sobre a necesidade de facer unha inversión masiva que acelere a transición.

Así é que o Presidente de Brasil, Luiz Inácio Lula, pedíu ás nacións ricas que asumisen a carga económica para a transición mundial cara unha enerxía máis sostible. Na súa intervención defendeu que os países en desenvolvemento non poden asumir semellante carga financeira e que os países desenvolvidos deben asumir o peso do cambio, xa que eles son os principais responsables da maioría dos gases contaminantes emitidos a atmosfera, dado que as súas fontes de enerxía son moito menos limpas.

O Sur Global no Cumio do Futuro

O Presidente Lula asegurou así que o Sur global será o encargado de liderar a produción de enerxía limpa e que isto mesmo impulsará a súa posición no marco das relacións multilaterais. Por este motivo o Sur global non debería facer fonte á carga económica que implica unha transición ecolóxica da que non son responsables na mesma medida que os países máis industrializados.

Nesta mesma dirección, un dos acontecementos máis recentes e relacionados xústamente con este tema é o da celebración da sétima reunión do Foro de Países de América Latina e o Caribe sobre o Desenvolvemento Sostible levada a cabo entre os días 15 e18 de abril deste mesmo ano. O encontro reuniu a representantes dos países da rexión, a axencias das Nacións Unidas e organismos rexionais da a sociedade civil.

Esta constituíuse como un foro de debate onde os distintos actores intercambiaban as súas experiencias, poñendo de manifesto a urxencia de revitalizar o seu compromiso coa Axenda 2030 mediante a implantación de políticas publicas concretas.

Nela traballouse arredor do informe presentado polo CEPAL (Comisión Económica para América Latina e o Caribe) no que se destacaba que que tanto América Latina como o Caribe só está en camiño de alcanzar o 22% das metas dos ODS. No informe destácase a importancia de levar a cabo unha acción coordinada na rexión que propulse a transición en materias de enerxía, educación, emprego,…

Con este contexto xeral e retomando o tema do Cumio do Futuro e a súa relación cos ODS, é importante destacar como este evento internacional será unha plataforma crucial para a presentación de accións concretas por parte dos involucrados. O resultado debe ser unha folla de ruta que sexa capaz de corrixir o rumbo que se segue na actualidade porque tendo en conta que a Axenda 2030 foi establecida en 2015 e estamos en 2024, case pasaron 10 anos, os resultados que nos atopamos non son moi esperanzadores.

Os últimos picos de temperatura históricos rexistrados en pleno mes de marzo, xunto cos conflitos bélicos e humanitarios como o de Ucraína, son exemplos que poñen de manifesto, como os obxectivos esbozados pola Axenda 2030 non se están alcanzando.

Crees que o cumio contribuíra realmente a consecución destes obxectivos? Lograrase realmente un avance de cara a 2030? Canto menos intentalo é o que lle debemos as xeracións que veñen detrás.