mapa de cidade global da Coruña

Coñeces o mapa de cidade global da Coruña? Finalizan as actividades do Convenio co Concello para desenvolver as Bases de Acción Exterior

  • O pasado venres 13 de xaneiro ás 11:30 no Concello da Coruña, presentouse o Mapa da Cidade Global da Coruña (en galego, inglés, chinés, portugués e castelán), actividade que pecha as actividades do Convenio, xa rematadas o 30 de decembro do 2022.
  • Na rolda de prensa participaron o Portavoz do Goberno, José Manuel Lage, o Director do IGADI, Daniel González Palau, o xornalista e deseñador Xan Sabarís e o profesor e historiador coruñés, FelIx Longán Fafián.

O mapa conta dúas versións, atendendo á cidade da Coruña coma unha cidade global intermedia, desde o mapa da conectividade histórica das súas relacións internacionais, como da cidade global actual. O mapa presentouse en galego, inglés, chinés, portugués e castelán na web acorunha-hub.gal/#mapa

Para que fixemos o Mapa?

O Mapa elabourouse como parte do Plan de acción das Bases de Acción Exterior da cidade da Coruña, documento de estudo e acción que apoiou o Pleno en conxunto no ano 2019, no contexto da reorganización da acción exterior española e galega.

Naquela altura identificouse que o Concello non tiña información en idiomas internacionais máis alá da información turística sobre a cidade. Ademáis, non había unha identificación do ecosistema de conectividade global da cidade. O Mapa crea eses materiais en idiomas internacionais e identifica ao ecosistema organizativo, institucional, loxístico...

As versións interactivas dos Mapas estarán en continua revisión, promovendo un relato coral e positivo da cidade, atendendo as externalidades positivas e negativas das cidades globais, en liña coa Axenda 2030. O Mapa físico pensouse para funcionar como agasallo institucional do Concello no marco das BAEX, pensando nas delegacións empresariais estranxeiras, no estudantado internacional, nos visitantes e turistas ocasionais, así como nas delegacións internacionais do Concello da Coruña que participan en redes de cidades, as bolsas para aprendizaxe de inglés, as viaxes dos clubes deportivos ou os axentes culturais...

Podes consultar na web acoruna.hub.gal todas as actividades do convenio 2022 e navegar no proceso iniciado no 2018.