nos no mundo 22 23

Publicamos o Informe Nós no Mundo 22-23 ás portas da aprobación da Estratexia Galega de Acción Exterior 23-27

No informe anual da Acción Exterior de Galicia do IGADI poñemos a atención nos acontecementos dos últimos doce meses, delimitados pola preparación da Estratexia Galega de Acción Exterior 2023-2027 (EGAEX 23-27) e as distintas implicacións da mesma.

O anuario atende á relación da EGAEX 23.27 coa Unión Europea, a economía, a lusofonía (recentemente oficializouse o Observatorio da Lusofonía Paz Andrade Decreto 134/2023, de 28 de setembro), a diáspora ou a cooperación ao desenvolvemento. Ten por título nesta edición “Construíndo o futuro, activando a Lei de Acción Exterior” (Lei de Acción Exterior e Cooperación para o Desenvolvemento 10/2021, de 9 de marzo).

O Informe confórmase no seu núcleo por persoas investigadoras asociadas do IGADI, acompañadas de colaboracións institucionais e da sociedade civil. Desta maneira, como cada edición desde hai catorce anos, o Informe aposta pola pluralidade de espazos, o que enriquece a visión panorámica que sempre aspiramos a construír arredor dun ecosistema internacional de Galicia cooperativo. A primeira edición deste informe anual comeza co Nós No Mundo 2009-2010.

Podes decarregar nesta ligazón o Informe 2022-2023 e neste espazo coñecer o conxunto dos anuarios. O Informe Nós No Mundo conta coa colaboración da Secretaría xeral de política linguística.