No contexto actual no que nos atopamos, cunha tendencia crecente á interdependencia da poboación mundial tanto en termos sociais, culturais, políticos, e por suposto económicos, vanse desenvolvendo políticas que promoven a caída de certas barreiras, pero incentivan o xurdimento doutras que fan que os beneficios deste proceso non se produzan dun xeito equitativo. Coa concentración do poder que non só afecta ao binomio Norte-Sur, xorde a cooperación ao desenvolvemento como algo mais que un mecanismo de redistribución de todos estes recursos, senón como unha variable capaz de crear as ferramentas necesarias para que os pobos poidan satisfacer as súas propias necesidades, pois do contrario caeríase nunha estratexia de carácter asistencialista e efémera. Estas axudas entendíanse case exclusivamente como competencia de gobernos estatais ou instancias supraestatais ata mediados dos oitenta, onde se produce un gran recoñecemento enfocado ao papel que poden xogar as institucións locais na axuda á cooperación, dándolles un impulso para comezar o seu labor. Os Fondos de Cooperación terán un papel importante a desempeñar pola súa vontade de coordinar eses esforzos entre entidades locais.

Córrese o risco de que baixo o título de Axuda Oficial ao Desenvolvemento escóndanse políticas de apoio a intereses empresariais ou criterios politicamente estratéxicos. Por iso a sociedade civil e as institucións autonómicas e municipais poden e deben ser axentes de solidariedade, pola súa liberdade á hora de definir os seus propios criterios, lonxe de condicionamentos.
A importancia da cooperación descentralizada é tanto unha singularidade da cooperación española, como pode ser unha das súas fortalezas. Contribúe á pluralidade e á diversidade dos diferentes enfoques e formas de cooperación. Na busca da canalización e a articulación das enerxías e a participación da sociedade civil, este sistema facilita ese vínculo dotando das importantes capacidades os actores descentralizados para a xestión das políticas públicas nos niveis locais e rexionais en ámbitos como a saúde, a educación, o emprego e o desenvolvemento produtivo, ou a xestión do territorio e o medio ambiente. A súa experiencia en xestión de servizos e recursos, programación e execución de proxectos e infraestruturas fan que posúa unha gran capacidade para levar á práctica as accións no terreo.
Coa evidente necesidade de que exista un nivel de aceptación maioritario por parte da cidadanía para que se dediquen parte dos seus impostos á loita das desigualdades, a sensibilización convértese nun dos obxectivos principais para poder levar a cabo estas políticas, nunha situación marcada por unha estrepitosa caída nos últimos anos nas axudas procedentes, tanto do goberno central como dos actores locais. Por iso é necesario fomentar a participación cívica como eixe fundamental da acción municipal, reflectindo as inquietudes da sociedade impulsando o desenvolvemento local asociativo. Será a poboación organizada e a acción conxunta a que determine a estratexia.
Por iso, estas entidades teñen cada vez un papel mais destacado, porque se trata do canle mais directo e capaz de estimular a preocupación social mediante unha maior información, aportando coñecementos técnicos e achegando as realidades sociais dende preto para involucrar o máximo posible á poboación. Os municipios deben ser a voz da sociedade e representar as súas inquietudes, así como fomentalas. Deste xeito contribúese a dar maior proxección internacional aos actores locais, gobernamentais ou non, e con iso, axúdase a que teñan unha participación máis activa na gobernanza global e na emerxencia dun novo multilateralismo máis eficaz, representativo e lexítimo para facer fronte aos problemas da globalización. Poden ser tamén moi relevantes para apoiar á sociedade civil e os actores descentralizados dos países en desenvolvemento.
Polo tanto, neste proceso de facilitar o camiño cara o desenvolvemento local nestes países, cómpre fortalecer as organizacións comunitarias para que tamén desde alí póidanse articular as demandas mellorando a eficacia das axudas, cun estudo e diagnóstico das necesidades locais. Trátase de canalizar as necesidades tanto dende alí como dende aquí, cos mecanismos mais próximos á sociedade, onde a descentralización da cooperación permite maximizar os beneficios polas súas capacidades de xestión e a súa proximidade.