Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Primeira Parte
summit of the future

Que é o Cumio do futuro de 2024 e como xorde? (Especial, primeira parte)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrara os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel abordaranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Tratase dunha ocasión única para devolver a confianza a cooperación internacional e mellorar os mecanismos multilaterais das Nacións Unidas, para responder de forma mais eficaz aos retos globais aos q se enfronta o planeta.

O cumio do futuro xorde polo informe “Nosa axenda común” presentado polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Antonio Guterres, quen ostenta o cargo dende 2017. O informe constitúese basicamente como unha resposta as exixencias dos estados membros sobre como mellorar a consecucións dos obxectivos das Nacións Unidas de cara ao futuro.

O informe é unha axenda de acción, presentada como unha folla de ruta deseñada para impulsar a implantación dos acordos xa existentes, incluídos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, tralo retraso que sofren na súa gran medida provocado pola crisis sanitario do COVID- 19.

“Nosa Axenda Común” ten como principal recomendación a renovación da confianza entre os pobos, co obxectivo de crear novos mecanismos que permitan mellorar a xestión dos bens comúns globais e a promoción de bens públicos globais dos que se podan beneficiar todas as persoas, independentemente do seu lugar de procedencia. Buscase deixar atrás as desigualdades na gobérnana mundial que hasta agora foron a retórica imperante das últimas xeracións co obxectivo de restablecer a cooperación internacional equitativa.

Propósito que todos os Estados membros comparten, pese a ter cada un deles prioridades diferentes que responden a súas necesidades individuais. Aínda así todos eles coinciden en que o Cumio deberá ter como resultado a adopción dun documento final orientado a acción, que recibirá o nome de “Pacto do Futuro”.

O Pacto do Futuro non será unicamente o resultado do Cumio, senón que será o resultado de meses de negociacións que se levan realizando dende o 9 de novembro de 2023.

En palabras do secretario das Nacións Unidas “O Pacto será un contrato entre vostedes e os seus pobos, representa o seu compromiso de utilizar todas as ferramentas a súa disposición a nivel mundial para resolver os problemas antes de que os problemas nos superen a nós”.

Tras este breve resumo sobre a orixe do Cumio do Futuro, poderíase afirmar que este constitúese non só como un dos momentos clave do 2024, senón tamén como unha data que pode condicionar o noso futuro como civilización global. É imperante que tanto os Estados , como o sector privado e a sociedade civil coordinen os seus esforzos para a elaboración de solucións universais, xa que os problemas aos que nos enfrontamos non poden ser resoltos doutra forma que non sexa conxunta.

Así as Nacións Unidas constitúense como o espazo perfecto para tomar decisión sobre os desafíos que nos agardan.

Debemos agardar a ver se organización internacional mais importante dos nosos tempos é capaz de facer fronte ao desafío e construír un fronte unido ou se polo contrario esta fúndese baixo os seus ambiciosos obxectivos e outras institucións ocupan o seu lugar.

Para ampliar mais información sobre o evento ou o informe presentado polo secretario pode consultar a páxina web oficial do cumio creada polas Nacións Unidas: Cumbre del Futuro: Soluciones multilaterales para un mañana mejor