Barro, Teresa

Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Nada na Coruña o 8 de marzo de 1936, é unha tradutora e escritora galega afincada no Reino Unido. Membro fundadora do Grupo de Traballo Galego de Londres, ten colaborado con distintas publicacións galegas, como Grial, A Nosa Terra ou Nós Diario, así como nos programas de radio da BBC. En 1980 obtivo o certificado da Faculty of the Astrological Studies de Londres.


Artigos de Barro Muñoz-Ortiz, María Teresa

Retrato do Primeiro Ministro Rishi Sunak Wikimedia, Prime Minister

Que pasará nas eleicións do Reino Unido?

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Ninguén esperaba que estas eleicións se convocaran agora, no vran, dado que o goberno Conservador non ten nada que festexar e que o Primeiro Ministro, Rishi Sunak, é do mais impopular. Din que o Sunak as convocou sen consultar con ninguén. Sería por medo a que o seu partido, de puro desespero, escollera a outro para remprazalo?
Fonte: Mark Jones (2017) Creative Commons Attribution 2.0

Harry e Meghan

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Harry e Meghan encaixan perfeitamente nesa ¨cultura da ofensa¨ que tanto prosperou nos últimos tempos e que da direito a ¨cancelar¨ ou suprimir todo o que os novos puritanos non queren que exista. Encaixan tamén na moda de non dar importancia á verdade e sustituila pola ¨verdade¨ que cada un sinte e conta á sua maneira.
Fonte; Creative Commons

A Raíña Isabel

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A morte da raíña Isabel veu ao final dun vrao de cambios vertixinosos na vida e na política do Reino Unido, cando non se sabía o que acontecería dun día para outro e todo eran surpresas. Foi como unha película chea de acción e emoción que empezou cando botaron fora ao Primeiro Ministro por trapaceiro e houbo que escoller o remplazo. Pero, no medio da turbulencia e o futuro incerto, a figura da raíña permanecía fora da política, emanando orde e estabilidade. Os británicos sentíanse protexidos por aquela muller cumplidora do deber e fiel ao seu país nos moitos anos nos que vira desde a Segunda Guerra Mundial até e perda do imperio e a criación do Commonwealth.

Haberá desunión do Reino Unido?

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O 6 de maio do 2021 houbo eleicións no Reino Unido, municipais e dos Parlamentos de Escócia e Gales, e os resultados, máis surprendentes do que se esperaban, poden dar algunha idea de como anda o da posíbel desunión do Reino Unido.

Os beneficiarios do neoliberalismo

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
A reforma económica formulaba unha procura da eficiencia. En realidade, ollamos como prexudica os consumidores e beneficia a oligarquías cada vez máis íntimas. A "reforma económica" que tornou obrigatoria no mundo enteiro apresentouse como a única maneira racional de actuar para correxir a "rixidez" do sistema anterior. Había que libertar as enerxías esganadas polo Estado […]

Podemos quedar ás escuras

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Estase repetindo mais cada vez ese fenómeno, que parece de atraso, dos tempos da guerra ou da fame, que é o de quedar ás escuras, pero agora o fenómeno está xa globalizado e en vez de afectar a un lugar mais ou menos pequeno, pode afectar a varios países, como sucedeu cando quedaron ás escuras […]

Cancún, punto e á parte

Apartados xeográficos ARQUIVO Outros
O fracaso das negociacións de Cancún é un sinal mais, dos moitos que xa está habendo, de que a ideoloxía do libre mercado e do sistema multilateral que desde hai duas décadas impera no mundo se está deslustrando. Tan forte foi a pegada desa ideoloxía que semellaba case imposíbel que non durase para sempre. Agora […]

A propósito do Prestige: globalización e medio ambiente

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
Imos vendo cada vez con mais claridade que hai un sistema ecolóxico que compre respeitar e protexer. Ese sistema é universal, mundial e local ao mesmo tempo, pero é importante ter en conta que o mundial é resultado do local e non ao contrario, que non hai unha entidade abstrata mais grande e poderosa que […]

O Prestige e a Organización Marítima Internacional

Apartados xeográficos Outros ARQUIVO
O asunto do Prestige é un asunto político, pois política é a maneira de nos gobernarmos e de gobernar todo o que hai no mundo. Diante dunha catástrofe como a do Prestige hai, por suposto, unha forte reacción emocional, pero as emocións duran pouco e son doadas de manipular para evadir os problemas auténticos. Se […]