Lista Rede IGADI
Vinculacións Colaboradores
Colaboradora do IGADI.
Colaboradora do IGADI.
Artigos de Barros Alfaro, Lara

Desenvolver o desenvolvemento
O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento, facéndose eco das experiencias anteriores, enriquece o concepto de desenvolvemento co adxectivo "humano", e acompaña ao crecemento económico con acceso á educación e aumento da esperanza de vida. A capacitación das persoas e a transferencia tecnolóxica se alza como a clave coa que reconstruír o modelo …

A voltas co desenvolvemento en Hong Kong
Na análise da súa realidade, as organizacións campesiñas atopan a súa forza para articular alternativas. Organizadas a través de Vía Campesiña, grande compendio de sindicatos agrarios de todo o mundo, achegan outras ideas: o rexeitamento das negociacións sobre agricultura na OMC, a reivindicación da ONU como foro no que tratar o tema (por exemplo …

A encrucillada exipcia: entre Alxeria e Turquía
O paradoxo está servido: é unha organización ilegal, teoricamente fóra do xogo institucional, a única que consegue o respaldo social para presentarse como alternativa a un réxime personalista con 24 anos ás súas costas. O sistema político exipcio atópase nunha encrucillada: ou ben opta por unha apertura que o converta en auténtico espello das …

Entrevista a Frei Betto: “Hai que facer da fame un problema político”
Frei Betto asinando no libro de honra do Consello da Cultura Galega, en presencia do seu presidente, Alfonso Zulueta de Haz. Brasil, Lula, a esquerda, a globalización, a inxustiza que esconde a fame, a solidariedade en rede como forma de resistencia… Frei Betto nos amosa o compromiso co seu tempo a través da …

Mercadorías si, persoas non
A pesar dos dez anos de construción dunha área de "seguridade, paz e prosperidade", hoxe o Mediterráneo segue sendo un espello no que descifrar as desigualdades Norte-Sur, un muro-fronteira, literal e metaforicamente falando, que máis que achegar ás sociedades, distáncianas; e a inmigración é o seu reflexo máis desesperado. (Foto: Ceuta, 01/10/2005. Militares das …

Onuescépticos
Parte do debate centrouse na negativa estadounidense a comprometerse co 0,7% do PIB para ser destinado a axuda oficial para o desenvolvemento no horizonte do 2015. Xunto á reforma do Consello de Seguridade, a desvalorización dos Obxectivos do Milenio foron os eixes principais e nos dous o cumio fracasou de forma lamentable. Un fracaso …

Afastámonos do 2015
A desigualdade é quizais a nota predominante do mundo no que vivimos: as 500 persoas máis ricas contan con máis ingresos que os 416 millóns máis pobres, por non citar a tremenda lousa que en moitas rexións aínda significa nacer muller e que está detrás da chamada feminización da pobreza. E as desigualdades non …

Exipto: ¿Basta de Mubarak?
O Movemento Exipcio polo Cambio, Kifaya, denuncia o carácter cosmético das reformas e o perigo de que sexan unha simple comedia para legalizar o réxime de Mubarak; por iso, a súa campaña chamou ao boicot. Entre os cambios que reivindican cabe citar a supresión de tres normas que serven para manter silenciada á oposición: …

Gaza e a recomposición política israelí
As presións internacionais non deben ser alleas a semellante metamorfose e Sharon acabou asumindo que a vía militar pódese esgotar en si mesma e que precisaba dun espaldarazo diplomático que limpase a súa imaxe ante o mundo. Neste senso, acudiu a EEUU a negociar o seu plan de desconexión e asegurouse o apoio da …

Gaza: ¿principio ou fin?
O plan de Sharon, paradoxalmente, pon na súa contra aos seus apoios tradicionais: a ultradereita e aos colonos que o levaron ao poder no 2001 son aqueles que lle están xestando a "Revolución Laranxa" en contra da retirada de Gaza, os mesmos aos que animou á colonización nos anos 80; a contradición co seu …