É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza. Desde o 2018 é o editor do IGADI Annual Report. Contacto: dpalau@igadi.gal
González Palau, Daniel
Todas as candidaturas deben ter presente que logo do 25 de setembro, terán que implementar liñas de actuación e medidas que acheguen solucións á cidadanía a curto prazo para os problemas máis inmediatos. Mais tamén, que deberán marcar liñas de traballo de medio e longo prazo que perfilen os seus proxectos estratéxicos, aqueles que ilusionan …
O domingo sucedéronse no arquipélago africano as eleccións lexislativas (as máis determinantes do sistema político caboverdiano), dando lugar a un cambio de goberno e a un novo primeiro ministro do MPD (Movemento da Democracia), acabando así con 15 anos de gobernos do PAICV (Partido Africano da Independencia de Cabo Verde).