É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza, dpalau@igadi.gal
Artigos de González Palau, Daniel
Política global e sociedade civil nas Américas: Novas diplomacias en Arxentina e México.
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Paradiplomacia
Os libros e os manuais tradicionais de Relacións Internacionais, coma disciplina con corpus propio dentro do campo das Ciencias Sociais considéranse, no argot, estatocénticos, á hora de subliñar a lóxica das relacións entre os Estados, os procesos destas relacións e a xestión da cooperación ou o conflito entre eles.