É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galicia: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza. Desde o 2018 é o editor do IGADI Annual Report. Contacto: dpalau@igadi.gal
González Palau, Daniel
Tralas eleccións locais de maio deste 2019 e a constitución dos novos Concellos e Deputacións o pasado 10 de outubro constituiuse a nova Comisión Executiva do Fondo Galego. O mandato, que rematará no 2023, verá o primeiro cuarto de século da entidade, que por cativa no económico, non debera pasar inadvertida no seu balance de …
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
O 1 de outubro deu inicio o proxecto do IGADI “O Xacobeo 2021 e a Ruta da Seda: Camiños para o diálogo Oriente-Occidente” grazas á convocatoria de proxectos da Consellería de Turismo e Cultura, “O Teu Xacobeo”, xunto á colaboración para a súa financiación dos Concellos de Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo e Pontevedra. …
Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Cooperación Internacional e Axenda 2030
O presente documento é parte da obra colectiva "Reflexiones sobre la aplicación de los ODS 2030 en el Eixo Atlántico" promovido polo Eixo Atlántico no contexto do seu traballo en relación á Axenda Urbana.
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
As relacións de Galicia con América desde o s. XIX son fundamentais para entender á comunidade galega actual e a que pode ser no futuro. A propia relación intercontinental tecida desde o Atlántico nuclea a configuración da identidade internacional da Galicia de 2019 e do seu perfil internacional tan singular, da lingua ao Camiño de …
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
É un lugar común e tradicional na bibliografía de Relacións Internacionais apelar á razón de Estado coma o motor para os grandes consensos internos en relación aos asuntos internacionais. A necesidade de ter unha posición común na sociedade internacional enténdese, desde a razón de Estado, coma o posicionamento mínimo, previsible e leal compartido polas grandes …
O último libro de Alfredo Toro Hardy “The Crossroads of globalization. A Latin American View” (World Scientific 2018) é unha magnífica síntese sobre a historia da globalización e os seus principais desafíos inmediatos, como tamén de medio e longo alcance. Non é un repaso á globalización desde o cosmopolitismo baleiro ou algún non lugar, se …
A relación internacional das cidades medrou en todo o mundo exponencialmente nas últimas décadas ao calor das dinámicas que impulsa a globalización. Desde aqueles primeiros departamentos de turismo, aqueles irmandamentos con Concellos doutros países e as primeiras accións de cooperación internacional dos anos 80 e 90, pasouse a fortes estruturas relacionadas coa captación de investimentos, participación en redes …
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior que debemos aproveitar. Esa é a misión fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, …
O 5 de febreiro a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) o Ministerio de Fomento e o Concello da Coruña organizaron un Seminario de presentación da Axenda Urbana española (AUE), o marco de referencia desde o que o municipalismo debe camiñar cara a Axenda 2030 e o cumprimento dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento …
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Dende o ano de 2004, coa aprobación no Parlamento Galego do Libro Branco da Acción Exterior de Galicia, a lusofonía, coma o espazo xeopolítico de lingua oficial portuguesa, é unha área xeográfica prioritaria da acción exterior da Xunta de Galicia. O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), foi na altura a entidade que …