É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre outros moitos traballos arredor da paradiplomacia rexional e local galega. Desde o 2014 é o responsable da investigación «Unha historia para o S. XXI» arredor do desenvolvemento da Lei Paz Andrade en Galiza, dpalau@igadi.gal
Artigos de González Palau, Daniel

O Observatorio Galego da Lusofonia (2008-2023): Acento na língua para uma historia do S.XXI
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O IGADI nasceu no 1991 como um think tank de relações internacionais comprometido com o desenvolvimento da Autonomia galega e a sua ação exterior. A história do IGADI caracterizou-se por combinar a lealdade às instituições com os compromissos da nossa missão associativa. A rota da Autonomia da Galiza ao mundo internacional de língua oficial portuguesa tem muitos caminhos desde a aprovação do Estatuto galego no 1981, mas teve no IGADI um dos seus promotores com resultados concretos.

"Hoxe en día, grazas a Internet, existen ferramentas que facilitan o contacto entre Galicia e a súa diáspora"
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Facundo Reyna-Muniain (1979), estudou Letras na Universidade de Bos Aires (UBA), para posteriormente licenciarse en Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela (USC) onde logo cursou o Máster en Estudos da Literatura e da Cultura. Doutorouse en Lingüística Iberorrománica pola Universidade de Bremen (Alemaña) coa tese “Lingua e identidade no contexto da diáspora, a lingua galega en Bos Aires”. As súas principais liñas de investigación son: plurilingüismo, estudos da diáspora, política lingüística familiar, sociolingüística e glotopolítica. Foi profesor visitante na Euskal Herriko Unibersitatea (EHU), Universidade de Salamanca (USAL), Europa Universität Flensburg (EUF), Universidade do Salvador (USAL) e Universidade de Bos Aires (UBA), entre outras universidades. Actualmente é investigador do Instituto da Lingua Galega e o European Centre for Minority Issues (ECMI).

Lula e Galicia na construción da lusofonía
No estudo“La Lusofonía impulsada por Brasil: un análisis de los procesos de regionalización en el corredor de Nacala 2010-2016” (2018, Lucía Viceconte, IUDC-UCM) a autora fundamenta ao longo da obra que os gobernos de Lula da Silva e Dilma Roussef autoconstruíron a Lusofonía como ferramenta de poder brando do Brasil no escenario internacional do S.XXI. …

Globalización e multipolaridade en tempos de Guerra
Liñas de investigación Relacións Internacionais
No 2022 titulamos o IGADI Annual Report (IAR) «Desorde pandémica, interdependencias e guerra» co eco dos últimos latigazos da pandemia e baixo o impacto do inicio da invasión Rusia da Ucraína. Logo dun espellismo inicial arredor dunha vitoria rusa fugaz, a guerra lóstrego cambiou de natureza e avanzou entre unha guerra tradicional e unha guerra marcada, entre moitas outras cuestións, polas innovacións tecnolóxicas en todos os ámbitos, do estritamente militar, ao comunicativo ou económico...

O municipalismo solidario en Galicia, un retrato para o novo mandato
O estudo “O poder solidario do local: A cooperación municipalista para o desenvolvemento en Galicia” publicouse no mes de maio do 2021, froito dun traballo conxunto entre o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e a Coordinadora Galega de ONGD...

Un ano despois dos Xogos Olímpicos de Beijing 2022
Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Entre o 4 e o 21 de febreiro do 2022 celebráronse en Beijing os Xogos Olímpicos de Inverno 2022. Durante todo o 2021 especulouse coa posibilidade, mais desde o 6 de decembro do 2021 o boicot olímpico aos Xogos por parte dos USA oficializouse...

Nós mesmos no mundo
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Veño de ler a biografía de “Plácido Castro. Nós mesmos no mundo” (S. Castro, X. Ríos 2022) publicada o ano pasado pola Fundación que leva o seu nome, que Preside con dedicación e sensibilidade Susi Castro e que coordina e multiplica Xulio Ríos desde o 2001. A Fundación, un dos proxectos basais do IGADI (pensen …