EEUU : Palabra chave

A Boveda

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica

Dentro do ciclo “Pensando o Futuro” da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falará na Coruña da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica. Achegarase aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates […]

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica Ler máis »

Imaxe da transmisión da "CNN en Español", CÑN

Unha guerra, tres relatos: quen define o significado do conflito con Irán?

Mentres continúan os ataques e se abren —cando menos en aparencia— canles de mediación, a guerra entre Irán, Estados Unidos e Israel non se está a librar unicamente no plano militar. Cada actor tenta impor a súa propia interpretación do conflito, non só para consolidar posicións internas, senón para condicionar o resultado político de calquera eventual negociación. Máis ca unha guerra cun desenvolvemento lineal, estamos ante unha confrontación na que coexisten relatos diverxentes sobre que está a acontecer, quen está a gañar e que significaría realmente o final do conflito.

Unha guerra, tres relatos: quen define o significado do conflito con Irán? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
iran

Irán non é o que Occidente cre: identidade, guerra e os límites dunha lectura simplificadora

A guerra contra Irán volveu evidenciar unha carencia recorrente na análise internacional: a dificultade de comprender unha sociedade complexa a través de categorías simplificadoras. Máis aló da linguaxe habitual —que reduce o país a un “réxime” enfrontado á súa poboación—, diversas análises producidas por académicos iranianos apuntan a unha realidade moito máis fragmentada, atravesada por disputas históricas, identitarias e políticas que condicionan tanto o comportamento interno como a evolución do conflito.

Irán non é o que Occidente cre: identidade, guerra e os límites dunha lectura simplificadora Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
mapa iran golfo persico

Irán resiste, a guerra espállase: erros de cálculo e escenarios dunha escalada rexional

Tres semanas despois do inicio da ofensiva de Estados Unidos e Israel contra Irán, o conflito entrou nunha nova fase marcada pola persistencia do réxime iraniano, a intensificación dos ataques selectivos e unha crecente rexionalización que afecta directamente ao Golfo e ao Líbano. Lonxe de provocar un colapso interno, a guerra está a reconfigurar os equilibrios políticos, enerxéticos e sociais en Oriente Medio, mentres Europa permanece nunha posición reactiva e incapaz de artellar unha saída diplomática propia.

Irán resiste, a guerra espállase: erros de cálculo e escenarios dunha escalada rexional Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
Imaxe de Michael Roberts

O prezo da guerra: enerxía, rutas marítimas e a fraxilidade do sistema global

Máis aló dos bombardeos e das manobras militares, a guerra entre Estados Unidos, Israel e Irán xa está a producir efectos económicos visíbeis. A tensión arredor do Estreito de Ormuz e do comercio global de hidrocarburos revela ata que punto o sistema enerxético internacional depende dun número reducido de corredores estratéxicos.

O prezo da guerra: enerxía, rutas marítimas e a fraxilidade do sistema global Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Oriente Medio
lugo trump 2026

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial?

O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle este xoves 26 de febreiro ás 19.00 horas na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o faladoiro “A administración Trump: unha nova orde mundial?”, dentro do ciclo de debates Encontros de Lúa Che

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial? Ler máis »

Trump e Xi nun encontro en Florida no ano 2017. Fonte: Wikimedia

O mundo que vén: áreas de influencia?

A brutal agresión imperial do réxime de Donald Trump foi aliñada co hipotético propósito de establecer -e supostamente recoñecer- esferas de influencia exclusivas xunto a outros actores como Rusia e China, os únicos competidores substanciais que, a nivel global, demostran unha firme vontade de exercer a súa plena soberanía.

O mundo que vén: áreas de influencia? Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Gráfico publicado por Paul Krugman no seu blog o 15 de outubro do 2025

Poderíos históricos

A invocación do esplendor pasado é parte activa da narrativa que determina a maior competencia estratéxica do noso tempo, entre os EUA e China. Cando Trump afirma que o seu programa aspira a facer a América grande de novo, non está moi lonxe do xa adiantado polos dirixentes chineses dende hai décadas, unha modernización entendida como a recuperación da grandeza perdida. Se estes, en espiral ascendente, invocan un pasado algo remoto, en Washington a obsesión radica en impedir o declive a calquera prezo.

Poderíos históricos Ler máis »

USA flag

Entre potencias e alianzas: a UE na transformación da orde internacional (II) Relacións transatlánticas en tempos incertos: a evolución da cooperación entre a Unión Europea e os Estados Unidos (2016–2024)

Esta serie de artigos constitúe unha traducción e aproximación ao estudo The European Union as a Moderating Factor in the Strategic Competition between the United States and China, publicado por Sofía Gómez González no repositorio da Universidade Pontificia Comillas. Nel, a autora analiza como, nun momento no que a competencia entre os Estados Unidos e China acada niveis de enorme tensión, e tras a recente chegada de Donald Trump á presidencia estadounidense, a Unión Europea pode desempeñar un papel moderador dentro dunha orde internacional en transformación. O traballo céntrase nos factores estratéxicos —económicos, tecnolóxicos e de defensa— que condicionan este escenario, subliñando a relevancia que ten para Europa. A cuestión resulta especialmente significativa, xa que da súa resolución dependerán tanto a supervivencia do chamado modo de vida europeo como a posición da UE no sistema internacional.

Entre potencias e alianzas: a UE na transformación da orde internacional (II) Relacións transatlánticas en tempos incertos: a evolución da cooperación entre a Unión Europea e os Estados Unidos (2016–2024) Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Fonte: Wikimedia, White House, Donald Trump en Arabia Saudí, 15 de maio do 2025

Unha xira lucrativa e unha oportunidade perdida: Trump no Golfo Pérsico

A recente xira do presidente estadounidense Donald Trump polos países ricos do Golfo Pérsico deixou cifras millonarias e titulares impactantes, pero tamén unha amarga constatación: o poder económico das monarquías do Golfo segue sen traducirse en influencia política efectiva para abordar os conflitos que afectan directamente á rexión. A cambio de investimentos colosais, Trump ofreceu pouco máis ca xestos simbólicos, omitindo toda referencia substancial ao conflito palestino-israelí e deixando intacto o fluxo de armas cara a Tel Aviv, a pesar das denuncias por crimes de guerra en Gaza e Cisxordania.

Unha xira lucrativa e unha oportunidade perdida: Trump no Golfo Pérsico Ler máis »