Nós no Mundo 2019

Distribuir

Distribuir contido

Nós no Mundo 2019. A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX

 

  • Presentación: A lusofonía, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX
  • A Lei Paz Andrade. O valor da categoria internacional
    Por Xosé Carlos Morell
  • A lusofonía na estratexia galega de acción exterior
    Por Jesús Gamallo Aller e Valentín García Gómez
  • O significado da presença do Camões, I.P. na Galiza, num contexto de aumento da atenção da Galiza a Portugal e à lusofonia
    Por Carla Sofia Amado
  • Galicia e Portugal, construíndo Europa
    Por Antonio Fontenla Ramil
  • A CIG na lusofonía
    Por Xesús Ramón González Boán
  • Encontro de mulheres da lusofonia
    Por María Seoane Dovigo
  • Novos camiños para a acción exterior
    Por Emilia García López
  • A eurorrexión (AECT) e a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal: o progama de estadías universitarias “Iacobus”
    Por Xosé Lago García
  • Os vínculos externos da economia galega
    Por Joam Lopes Facal
  • A unión xeográfica internacional desde Galicia
    Por Rubén C. Lois González
  • As BAEX e a Casa da Lusofonía
    Por Daniel González Palau
  • As autorías

No marco de traballo específico e histórico do IGADI, durante o 2018 vivimos o nacemento da vida real da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) coma un hito, tralo paso polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de febreiro tralo visto bo desde o Ministerio de Exteriores do Estado ao documento. 

Un hito que no seu primeiro ano de vida arrastrou todos os problemas estruturais que se detectaran nos últimos anos (véxanse os Informes anuais  do IGADI –Nós No Mundo 2016, 2017 e 2018): falta de integración das distintas dimensións da acción exterior na Xunta de Galicia, falta de plan de acción, falta de socialización entre a sociedade e os axentes máis activos na internacionalización de Galicia.... En calquera caso, a EGAEX é un marco institucional que ofrece unha ampla reflexión estratéxica sobre a importancia da nosa acción exterior, abrindo espazos, reflexións e liñas de traballo posibles. 

Así as cousas a EGAEX vén a confirmar de novo que coma galegas e galegos no mundo temos vantaxes comparativas e intereses estratéxicos á hora de relacionarnos co exterior, no contexto da sociedade global, que debemos aproveitar. Esa é a misión constituínte fundamental do IGADI nos seus vinte oito anos de historia; poñer o perfil global da nosa comunidade ao servizo do seu benestar e desenvolvemento colectivo: a diáspora e a galeguidade, a posición xeopolítica no Atlántico, a lingua, o mundo celta... 

En liña coa nosa misión constituínte seguimos a pensar, agora máis que nunca no contexto inmediato do Xacobeo 2021, que no 2019 a idea integral de construír unha arquitectura exterior digna, realista e ao tempo creativa especialmente no económico e cultural, aproveitando o capital relacional de facto e a identidade galega universal, é unha idea que non debe seguir agardando.

Desde esta nosa natureza constituínte decidimos centrar a nosa atención no -Nós No Mundo 2019 nas relacións de Galicia coa lusofonía, no marco do quinto aniversario da Lei Paz Andrade e neste primeiro aniversario que agora cumpre a EGAEX. Ámbolos dous marcos, pensamos, terán que desenvolver un plan de acción converxente, para que a nosa presenza internacional nese espazo intercontinental teña retornos positivos reais para a nosa sociedade. 

 
AnexoTamaño
PDF do Nós no Mundo 2019: "A lusofonía en Galicia, entre a Lei Paz Andrade e a EGAEX"1.08 MB
Tempo exterior: Revista de análise e estudos internacionais