O pasado xoves 23 de Abril, entre as 17h e as 20h, celebrouse o programa de tv por internet “España-China: Asociación estratéxica para o coñecemento mutuo”. Podes revivilo desde aquí.
Contamos coa participación de:
- Luis Fonseca, director xeral de América do Norte, Europa do Leste e Asia-Pacífico do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España
- Anabel Gulías, concelleira de Proxección Internacional e Turismo do Concello de Pontevedra
- Christoph R. Schreinmoser, director do IGADI – Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
- Miguel Otero, investigador do Real Instituto Elcano
- Inés Arco Escriche 安旖旎, investigadora do CIDOB (Barcelona Center for International Affairs) na liña Asia-Pacífico
- Ferran Pérez Mena, profesor na Universidade de Durham (Reino Unido) e coordinador do programa Martín de Rada na Fundación Qili
- Andrés Herrera-Feligreras, cofundador da consultora HERRERA ZHANG, presidente do Padroado da Fundación Qili e membro da Rede Iberoamericana de Sinoloxía do Observatorio de la Política China
- Raquel Isamara León de la Rosa, directora do Observatorio de la Política China e profesora na Universidade Benemértia Autónoma de Puebla
- Daniel González Palau, subdirector do Observatorio de la Política China
- Daniel Bicudo Veras, membro da Rede Iberoamericana de Sinoloxía do Observatorio de la Política China
- Ignacio Barroso, Investigador Asociado no IGADI con sede en Pequín
- Marta Montoro, Presidenta da Fundación Cátedra China
- Diego Sande Veiga, Director do Diploma en Economía e Política Chinesa da Universidade de Santiago de Compostela, Coordinador de Análise Económica para do IGADI e Profesor da Universidade de Santiago de Compostela
- Andrés Raggio Souto, ex Secretario Xeral de ALADAA Internacional (2023-2026) e Asesor do Consello Uruguaio para as Relacións Internacionais; membro do Consello da Asociación Confuciana Internacional e membro da RIBSI do Observatorio de la Política China
- Huiling Luo, Profesora da Universidade Complutense de Madrid

