Licenciado en Administración de Empresas (2007) con Honores. Máster en Marketing pola University College Dublin (2008) e Máster en Xestión Internacional pola University College Dublin e The University of Sydney (2014) grazas a unha bolsa da Fundación Barrié. Actualmente, curso un doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela, centrando a miña investigación na internacionalización do emprendemento galego. Froito deste traballo publiquei na Revista Galega de Economía o artigo “The Galician Entrepreneurship Internationalization Matrix: A Regulatory Framework”, que propón un marco normativo para comprender e potenciar a proxección internacional das iniciativas empresariais da rexión.
Con experiencia profesional en 4 continentes, destaquei en proxectos como a apertura da primeira oficina en Latinoamérica dunha das empresas de e-learning máis relevantes de Europa; contribuín á internacionalización dunha pequena empresa familiar galega e fundei a miña propia firma coa que conseguín asinar un contrato de distribución coa maior distribuidora mundial de materiais de construción en menos dun ano. Na miña carreira docente, teño formado máis de 1.500 estudantes en áreas como tecnoloxías da información, economía, negocios internacionais e xestión de operacións.
A miña actividade investigadora e profesional combina un forte enfoque na análise cultural e na xestión empresarial internacional, cunha vocación pola innovación e o emprendemento. Este perfil multifacético permite conectar a investigación académica coa aplicación práctica, co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento sustentable e global das empresas galegas.
O aluminio constitúe un dos sectores industriais máis estratéxicos da economía galega, pola súa base produtiva, e especialmente pola capacidade que ten para transformar materia prima en valor engadido, emprego cualificado e presenza exterior. Galicia conta cun ecosistema singular, onde a industria primaria convive cun tecido de empresas familiares altamente internacionalizadas, capaces de competir nos mercados máis esixentes e de situar o aluminio como un dos piares do seu modelo exportador. Nunha economía europea marcada pola transición enerxética, a reestruturación das cadeas de subministración e a competencia industrial global, o aluminio galego destaca como exemplo de industria real, caracterizada pola innovación, o vínculo co territorio e a orientación internacional.
No ano 2024, Marrocos consolidouse como unha das economías máis dinámicas do norte de África. Cun PIB nominal próximo aos 150.000 millóns de dólares, segundo datos do Banco Mundial, e cun crecemento real do 3,2 %, lixeiramente inferior ao 3,4 % rexistrado en 2023, a economía marroquí amosa unha notable resiliencia, mesmo fronte ás persistentes secas que […]
O gran apagamento eléctrico do 28 de abril, que afectou a España e Portugal, sorprendeu a millóns de cidadáns e paralizou sectores estratéxicos. A interrupción do subministro puxo en evidencia non só a vulnerabilidade das infraestruturas enerxéticas, senón tamén as súas consecuencias financeiras. Galicia foi gravemente afectadas e sufriu un impacto económico significativo, que se analiza a continuación.
As exportacións galegas cara aos Estados Unidos experimentaron un crecemento significativo nos últimos anos. Segundo datos do IGE, en 2023, Galicia alcanzou un récord histórico, superando por primeira vez os 30.000 millóns de euros en exportacións totais. Dentro desta cifra, aproximadamente o 2,6 % tivo como destino os EUA.
A internacionalización do emprendemento galego converteuse nun tema clave para entender o futuro da economía rexional. Aínda que a nosa comunidade conta cunha rica tradición empresarial, os seus emprendedores e as súas pequenas e medianas empresas afrontan retos significativos, como as dificultades financeiras, organizativas e de persoal, para expandirse máis alá das súa fronteiras.
O IGAPE ven de anunciar as novas axudas para as pequenas e medianas empresas de Galicia que teñan proxectos de internacionalización e necesiten contratar profesionais do comercio exterior. A iniciativa busca mellorar a empregabilidade destes profesionais, facilitar o seu acceso ao mercado laboral e contribuír ao desenvolvemento de proxectos de internacionalización. O prazo para solicitar estas axudas, que poden cubrir ata o 90% do custo da contratación, está aberto ata o 9 de xullo.
As empresas galegas son cada vez máis internacionais, sendo exportadoras o 27% das iniciativas emprendedoras, un aumento que tamén chega ás iniciativas consolidadas onde o fenómeno da internacionalización acada o 25%.
Xestionar o consentimento das cookies
Para ofrecer as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou os identificadores únicos neste sitio. A falta de consentimento ou a retirada do consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.
Funcional
Always active
O almacenamento técnico ou o acceso é estritamente necesario coa finalidade lexítima de posibilitar a utilización dun determinado servizo expresamente solicitado polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.
Preferences
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
Estatísticas
O almacenamento técnico ou o acceso que se utiliza exclusivamente para fins estatísticos.The technical storage or access that is used exclusively for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance on the part of your Internet Service Provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved for this purpose alone cannot usually be used to identify you.
Márketing
O almacenamento técnico ou o acceso é necesario para crear perfís de usuario para enviar publicidade ou para rastrexar o usuario nun sitio web ou en varios sitios web con fins de mercadotecnia similares.