Lista Rede IGADI
Vinculacións Colaboradores
Estudante da USC, realizou prácticas no IGADI.
Estudante da USC, realizou prácticas no IGADI.
Artigos de Millos Álvarez, Naír

Usbequistán: US go home
Karimov pediu ás autoridades norteamericanas que se retirasen da base de Karshi-Hanabad. (…) EEUU deu agora o paso de denunciar ante a OSCE a falla de respecto aos Dereitos Humanos en Usbequistán. Antes eran primeiro as bases que as persoas. (Foto: Soldados americanos na base aérea de Karshi-Hanabad). Estados Unidos anunciou que íase …

Disputas sen solución
A instancias do Grupo de Minsk, Armenia e Acerbaixán reuníronse en Kazán (Rusia) para abrir de novo o proceso de pacificación deste enclave (Nagorno Karabagh). Ámbolos dous presidentes (Cocharian e Aliev, respectivamente) coincidiron en que as conversas tiveron un cariz positivo pero, por outra banda, un cambio de opinión sobre o futuro de Nagorno …

Afganistán: vitoria das elites locais
Os resultados destas eleccións non se coñecerán completamente ata un mes despois do domingo electoral, sen embargo, distintos observadores xa adiantaron as súas conclusións. Hai quen afirma que Afganistán agora é un país onde a democracia está a florecer porque, entre outros elementos, o país conta cunha Constitución, un presidente, un Parlamento e un …

¿Guerras de mentira?
Atendendo ao seu desenvolvemento operativo, rusos e chinos estiveron ensaiando unha presunta invasión do territorio dun país imaxinario, por terra, mar e aire. Lembremos que tanto a Federación Rusa como China teñen importantes problemas territoriais en Chechenia e no Xinjiang, enclaves onde o islamismo radical está implantado e actúa de forma violenta. (Foto: O …

O ultimato de Karimov
Islam Karimov é o presidente de Uzbekistán. En Occidente é máis coñecido polos seus caprichos totalitarios que polo dificil transitar do seu propio país a todos os niveis, cunha situación interna moi deteriorida despois da desintegración soviética. O réxime controla con man dura tanto os medios de comunicación como a case inexistente oposición mentres …

Rumsfeld en Asia Central
Despois do encontro celebrado entre Donald Rumsfeld e o ministro de Defensa kirguís, Sherali Khairulloyev, anunciouse a continuidade da presenza norteamericana, a cambio dunha maior axuda financeira a Bishkek, e unha invitación adicional ó goberno deste país que, ademais de formar parte da OCS tamén integra o Tratado de Seguridade Colectiva con Tadyikistán, Kazahstán, …

Xeorxia e a hipoteca rusa
A labiríntica e escura política da área post-soviética alimenta mil hipóteses: tanto as que retoman anteriores denuncias sobre a implicación dos servizos secretos rusos en manobras que beneficiaron amplamente ao Kremlin, como o beneficio político que as actuais denuncias xeorxianas proporcionan aos defenestradores de Shevarnadze, preocupados por apurar a saída das tropas rusas do …

Xeorxia, entre as dúas potencias
A visita de George Bush semella ter avanzado o proceso sobre a entrada de Xeorxia na OTAN, algo que Rusia equipara ao establecemento dun cerco por parte dos países occidentais, tentando rodeala a traveso de golpes de man nos países da súa influenza máis próxima. A construción do oleoduto que evita pasar por territorio …

Belarús: o seguinte obxectivo de Bush
Se ben é certo que o presidente Lukashenko promove unha política de corte personalista, e que a represión e o peche dalgúns medios opositores ao goberno é unha das prácticas máis seguidas en Belarús, cómpre ser escépticos respecto do interese real das preocupacións exteriores, quizais máis debedoras dos cálculos xeopolíticos que do benestar desa …

O enredo de Togo
A saída electoral trouxo ó país un albisco de esperanza: un cambio pacífico e lexítimo era posible. Unha fronte conxunta de seis partidos decidiu apoiar ó mesmo candidato da oposición para asegurar un cambio de rumbo en Togo. Emmanuel Akitani Bob (á esquerda na foto) foi o elixido para arrebatar o poder á Agrupación …