paula sabajanes 300x300 1

Sabajanes, Paula

Xornalista galega nacida en Bos Aires. Licenciada en Ciencias da Información na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Especializada en Comunicación Institucional e de Crise. Realizou cursos posgrao en Comunicación e Xénero na Universidade de Bos Aires (UBA). Traballou no Gabinete de Comunicación do Presidente da Xunta de Galicia, na Dirección Xeral de Cooperación ao Desenvolvemento, na Secretaría de Relacións Exteriores e coa UE do Goberno galego e integrou o equipo que puxo en marcha a primeira Delegación da Administración galega no exterior, onde dirixu o Gabinete de Comunicación. Colaboradora desde Arxentina para o xornal La Voz de Galicia, a Axencia EFE e o programa “Lambóns de Viaxe” da Radio Galega. Asistiu á Xunta directiva do Centro Galicia de Buenos Aires. Desempeñouse na Oficina de Comunicación da Embaixada de España en Buenos Aires e actualmente forma parte do equipo da Agregaduría de Defensa de España en Arxentina, Uruguai e Paraguai.


Artigos de Sabajanes, Paula

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (II) Entrevista ao eurodeputado galego Nicolás González Casares “Este proceso vai conceder novos dereitos a centos de miles de persoas, vai fortalecer lazos, pero tamén ten unhas obrigas”

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
O Censo de cidadáns no exterior medra a ritmo acelerado e alimenta o optimismo demográfico que trae luz tras anos de tendencias negativas. Son un potencial inexplorado e falta definir o alcance destas novas cidadanías no ecosistema político e social dun país que traballa para consolidar a súa presenza estratéxica no contexto internacional.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (I) Entrevista a Ana Miranda "Buenos Aires é a cidade con máis galegos. Sería de interese crear unha comisión no Parlamento para saber se os sistemas de representación que existen son os máis axeitados"

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Galicia medra e muda. Comezamos o ano mirando o nacemento das “novas cidadanías”. O Instituto Nacional de Estatística (INE) vén de publicar os datos de poboación que revelan que a composición e o tamaño da nosa xente no mundo é maior e máis diverso. Hai cada día menos galegos emigrados e máis dos que mesmo nin pisaron a terra. A Galicia Universal redefine o seu perfil e queremos pensar como van inserirse os emigrados, os inmigrados, os novos galegos nacidos fóra na sociedade, na lingua, na economía, na idea de país e nas institucións para exercer os seus dereitos como cidadáns plenos.
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Ano Castelao: Buenos Aires, quilómetro cero

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Exercicio de memoria colectiva e oportunidade de concretar a Galicia Ideal con máis dereitos e representación para os cidadáns de ultramar. Un mapa, un espello e un proxecto de nós. O Ano Castelao é, probablemente, un dos exercicios de memoria colectiva máis estimulantes que se nos teña presentado nos últimos tempos. É tamén un desafío […]
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.
Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Cando o Ano Castelao se asoma á meta logo de relatorios, actividades, reivindicacións e homenaxes, estes días vén de anunciarse que a obra pictórica máis icónica do rianxeiro “A derradeira leición do mestre”, que ilustra a barbarie fascista que asasinou a Alexandre Bóveda, exporase no verán do norte en Pontevedra. Segundo a Directora do Museo de Pontaevedra, Ángeles Tilve, trátase dunha colaboración institucional entre a Deputación de Pontevedra e o Centro Galicia de Buenos Aires “que suma” para abrir unha vía de cooperación que en beneficio de todos os galegos e que servirá para difundir a obra e o seu contexto da creación, que denuncia e homenaxe a Bóveda cando rematan os 12 meses dedicados á figura de Castelao e se cumpren 80 anos do golpe de Estado do 36.
Ana Pontón, na súa intervención na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Buenos Aires do descubrimento dun busto de Castelao e expuxo a súa posición sobre a relevancia da figura do rianxeiro e os retos que ten por diante a Galicia Universal.
Pérez Esquivel no acto. Fotografía: Paula Sabajanes

Especial Ano Castelao (XVIII) O Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, abraza a figura de Castelao para defender a memoria, “Iluminar o presente e construír un novo amencer para os pobos”

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Participou na descoberta dun busto do rianxeiro na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina xunto á portavoz nacional do BNG Ana Pontón, a eurodeputada Ana Miranda e representantes da colectividade galega no país austral e colectivos de Dereitos Humanos. Pérez Esquivel é descendente de galegos e mantén unha participación activa nas iniciativas de defensa da memoria e da identidade. A peza escultórica foi realizada polo artista Gabriel Hernán " Ramirez" especialmente para o peche da programación polo Ano Castelao.
José Manuel Besteiro (na marxe esquerda) na caseta de España o 9 de novembro no festival Buenos Aires celebra, xunto membros das entidades da colectividade e o Embaixador de España en Arxentina, Joaquín María de Arístegui Laborde (na marxe dereita da imaxe).

Especial Ano Castelao (XVII) “Desexo que a Galicia territorial e a Galicia universal teñamos cada vez máis claro que Galicia é única e coas achegas de todos”, remarca José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
José Manuel Besteiro é presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada, unha entidade pola fusión entre a Unión Estradense e a Federación Agraria de A Estrada. Desde 1915 reúne aos veciños da comarca arredor de actividades culturais e sociais abertas tamén á comunidade de acollida. A Estrada foi unha das entidades do río da Plata en impulsar a iniciativa par recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia. Besteiro é avogado e ten unha longa traxectoria como dirixente deportivo no Club River Plate. No mes de outubro, asumiu como presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina (FEDESPA).