Cooperación Internacional e Axenda 2030 : Liña de investigación

Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.

 

Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no  marco da Responsabilidade Social Corporativa.

 

Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.

 

Coordina: Daniel González Palau.

A triangulación da cooperación galega

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

A perda de capacidades orzamentarias no contexto da crise representa unha gran oportunidade para que a cooperación galega poda reinventarse apostando por estratexias ata agora globalmente descoidadas. Estas permitirían a posta en valor de singularidades con potencial suficiente para converterse no seu principal sinal de identidade. 

Adrian picture 1

Moreno Cidrás

Politólogo de formación, e de variada experiencia en asuntos civís en diferentes países, quer no eido da análise de cuestións internacionais diversas coma a examen de políticas enerxéticas, macroeconómicas, de conflitos, ou electorais; quer na acción pública, como a promoción dos dereitos humanos ou levando a cabo labores de consultoría como experto en innovación financeira. …

Moreno Cidrás Ler máis »

daniel

González Palau

É o Director do IGADI desde 2017. Licenciado en CC. Políticas e da Administración pola USC, con mestrados en Cooperación Internacional e Xestión Cultural pola mesma Universidade. Foi técnico de sensibilización (2009-2011) e Secretario do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade (2011-2015). Publicou «Os irmandamentos en Galiza: Globalización, redes e goberno local» (IGADI, 2010), entre …

González Palau Ler máis »


Artigos de González Palau, Daniel

Que foi dos ODM?

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) foron fixados pola ONU en 1990 e sinalan metas concretas que deberían acadarse en 2015. Preto da finalización do prazo, ¿hai avances? A porcentaxe de persoas que viven en situación de pobreza extrema diminuíu ao 26 por cento, o que supón ter pasado de 1.900 a 1.400 millóns …

Que foi dos ODM? Ler máis »

As mulleres resultamos clave para a construción dun novo mundo

No día 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebramos a loita das mulleres pola igualdade e equidade de xénero, para contribuírmos tamén ao desenvolvemento social, político e económico dende a nosa propia perspectiva feminina, que completa e enriquece á masculina imperante, e que tende a potenciar a xustiza e a paz.

Seguridade alimentaria

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

A produción mundial de alimentos aproximase aos dous mil millóns de toneladas ao ano. Case a metade dese volume provén dos países desenvolvidos. A poboación, mentres, aumenta un 1,3 por cento anual por termo medio e boa parte do crecemento demográfico rexistrase nas nacións en vías de desenvolvemento. Este incremento desequilibrado leva aparellado un desequilibrio …

Seguridade alimentaria Ler máis »

Milenios de pobreza

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

O mundo atópase no tramo final cara 2015, prazo establecido para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento das Nacións Unidas para o Milenio, adoptados no Cumio de 2000. Os desafíos son coñecidos. Os compromisos asumidos polos gobernos de todo o mundo inclúen reducións da pobreza, a fame, as infeccións de VIH e malaria e a …

Milenios de pobreza Ler máis »

Ese esforzo orzamentario veu acompañado de medidas indispensables de clarificación e boas prácticas que aumentan o rigor e o control das accións, aínda que a veces resentíndose da inadecuación da práctica administrativa a unha actuación que se desenvolve noutros tempos. Todo iso debe redundar nunha substancial elevación da achega, cuantitativa e cualitativa, de Galicia á loita contra a pobreza no mundo, que ese é, non o perdamos de vista, a esencia da cooperación ao desenvolvemento. (Foto: Mapa de Actuacións segundo o Informe 2006 de Cooperación Galega).

A nova cooperación ao desenvolvemento

Apartados xeográficos Cooperación ao desenvolvemento

Tíñao ben fácil o bipartito para facer notar o cambio no ámbito das políticas de cooperación internacional ao desenvolvemento. Era tan pouco o que había e tan evidente o seu compromiso coa mudanza que por forza habíase notar. Nos dous anos transcorridos, o incremento dos recursos mantense a bo ritmo, aínda que lixeiramente por baixo …

A nova cooperación ao desenvolvemento Ler máis »

galicia europa mundo cooperacion010367

Galicia e a cooperación internacional ao desenvolvemento

  O mellor que se pode dicir do momento actual da cooperación en Galicia é que está a atravesar un período de transición no que se quere definir o salto de calidade que vai dende un modelo de cooperación rudimentario e desarticulado cara a un modelo sofisticado e programado. Un momento polo tanto que está …

Galicia e a cooperación internacional ao desenvolvemento Ler máis »