Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

images igadi o mundo desde aqui 2020 12 1

As charlas online “O Mundo Desde Aquí” achéganse á tecnoloxía e a innovación en Galicia coa presentación do libro “O estrangulamento tecnolóxico de Galiza”

O economista Diego Sande Veiga protagonizará a última das charlas online de "O Mundo Desde Aquí" que o IGADI organiza desde o ano 2019. A cita será o mércores 16 de decembro ás 19:00 na Canle de Youtube do IGADI e servirá para presentar o seu recente libro "O estrangulamento tecnolóxico de Galiza", editado por …

As charlas online “O Mundo Desde Aquí” achéganse á tecnoloxía e a innovación en Galicia coa presentación do libro “O estrangulamento tecnolóxico de Galiza” Ler máis »

Principio do fin do Acordo de Libre Comercio MERCOSUR-UE

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Latinoamérica

O pasado 28 de xuño a Unión Europea e o MERCOSUR chegaron a un pacto histórico. Tras mais de dúas décadas de negociacións, ambas partes asinaron un acordo de libre comercio que se ben aínda non está nin finalizado -fallan negociacións que seguen en curso- nin ratificado polos países membros, comeza a perfilar os seus …

Principio do fin do Acordo de Libre Comercio MERCOSUR-UE Ler máis »

15.javierlopez alemana

López Prol

Javier López Prol é doutor en Economía pola Universidade de Graz, Austria, e profesor asistente na Universidade Yonsei – Mirae en Corea do Sur. O seu traballo enfócase na mitigación do cambio climático e máis concretamente na transición enerxética- Particularmente na expansión das enerxías renovábeis variábeis (solar e eólica), e na súa integración nos mercados …

López Prol Ler máis »

morell2

Morell

Empresario e Promotor da Iniciativa Paz Andrade, foi encarregado de apresentar a Iniciativa Paz Andrade no Parlamento da Galiza em 2013. Investigador asociado IGADI-OGALUS (Observatorio Galego da Lusofonía)

fotomiguelangel1

Martínez Pellitero

Economista e colaborador do IGADI. Conta con coñecementos aplicados nos estudos sobre desenvolvemento sostible, desigualdades socioeconómicas e procesos de transformación e cambio estrutural. Conta con xperiencia en integración da sustentabilidade no ámbito empresarial e desenvolvemento estratéxico, especialmente do marco de referencia de axenda 2030 e os 17 ods.

Eugenio Inocencio

Inocencio

Economista e Presidente da Associação de Turismo de Santiago (ATS). Foi embaixador de Cabo Verde en España, Portugal e Francia.

Sande Veiga, Diego

Sande Veiga

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa. É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de …

Sande Veiga Ler máis »

Isamara León de la Rosa, Raquel

Isamara León de la Rosa

É Directora do Observatorio de la Política China e parte do Consello Científico da revista do IGADI Tempo Exterior, na que coordenou o Tempo Exterior nº45 (xullo/decembro 2022) “Comercio e Relacións internacionais post-pandemia”. Doutora con distinción en Relacións Transpacíficas pola Universidade de Colima (México). Delegada mexicana da sección académica do programa “Ponte ao Futuro” do …

Isamara León de la Rosa Ler máis »