Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

Fonte imaxe: Getty Images

Desigualdades disparadas

Nun recente informe do seu clásico sobre desenvolvemento humano do PNUD (Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento) alértase do agravamento das desigualdades e da polarización política a nivel mundial. O Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) mundial é una medida resumida que reflicte categorías como o Ingreso Nacional Bruto per cápita, a educación e a esperanza de vida dun país. En substancia, o que nos di o informe é que o IDH progresa nos países ricos mentres retrocede nos países máis pobres.

Fotovoltaica

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Liñas de investigación Economía Unión Europea
Apartados xeográficos Europa

Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

20060807 satelite terra fogos espanha portugal

Cinco décadas de apertura nas relacións económicas de Galicia con Portugal

A distancia cultural non é un tema destacado nos debates económicos. Fronte á idea de comercio global, a realidade das relacións económicas é que estas adoitan producirse de maneira frecuente dentro de bloques rexionais -con características comúns a nivel xeográfico, histórico, cultural, social, etc.- e a nivel interrexional. De esta idea xorden construcións históricas como a Unión Europea (UE), pero tamén outros espazos como NAFTA, ASEAN, MERCOSUR, ECOWAS, CAN ou o ALBA. Neste sentido, os vínculos culturais e históricos son un factor clave xa que, a menor distancia cultural entre países, menor cantidade de barreiras que sería preciso derrubar para comerciar.

Ence na ria

Houston, temos problemas medioambientais

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Outros

Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial-  que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.

Sande Veiga, Diego

O Secretario do IGADI, Diego Sande, gaña o XXVI Premio Colmeiro da EGAP

O Premio Manuel Colmeiro convócase pola Escola Galega de Administración Pública para destacar traballos de investigación que teñan como obxecto a Administración pública de Galicia. Nesta ocasión premiou o traballo de Diego Sande “As políticas rexionais de innovación empresarial en Galiza. Análise de resultados no tecido produtivo a través do fondo tecnolóxico”.

diegocaboverde

Innovar en mercados: É Cabo Verde unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.

Tecnopole

Exportar a alta tecnoloxía galega

Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

A investigación vén remarcando a través de numerosos estudos nos últimos anos que a innovación é fonte de crecemento e motor do desenvolvemento económico. Polo tanto, a aposta pola innovación é unha necesidade para o tecido empresarial galego. A pesar disto, o esforzo en investimento en I+D apenas supera o 1% respecto ao PIB en Galicia, tanto a nivel público como privado.