Paradiplomacia : Palabra chave

eleccions 2024 xunta de gal

Prioridades da Acción Exterior galega logo do 18F

Estamos nunha campaña que malia catro lexislaturas monocores e os esforzos da oposición por reactivarse a paso rápido argumentando unha alternativa aínda por conformar non se apreciaban nas recentes ceas de Nadal o que se chama tensión electoral. En todo caso a labor fundacional do IGADI de analizar e avogar por unha decidida acción galega no exterior continúa e como non podía deixar de ser o caso tamén o faremos desta volta.

Xuntanza Igadi compostela

Reunímonos co Concello de Santiago: Da promoción turística á acción exterior na capital de Galicia?

Poucas cidades teñen a proxección internacional tan intensa como a de Santiago de Compostela, unha proxección que non diminue co paso do tempo e que vai máis aló do seu papel “tractor” no mundo do Turismo da man dos Camiños a Santiago. A súa condición de sede universitaria, das institucións do país ou a puxante oferta cultural e empresarial, converten a Compostela nun lugar clave da proxección global de Galicia…

Imaxe Orixinal de Wesley ST Guerra

O mundo, un problema de Galicia

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Alguén dirá que xa temos bastantes propiamente nosos como para botarnos enriba os de todos os demais, pero nunha sociedade globalizada e interdependente como a actual, a Galicia aféctanlle moitos problemas que teñen orixe noutras latitudes. Apreciámolo en carne propia en calquera crise financeira ou xeopolítica, por mais afastadas que estean. Por outra banda, no …

O mundo, un problema de Galicia Ler máis »

gzlusofonie

Lula e Galicia na construción da lusofonía

No estudo“La Lusofonía impulsada por Brasil: un análisis de los procesos de regionalización en el corredor de Nacala 2010-2016” (2018, Lucía Viceconte, IUDC-UCM) a autora fundamenta ao longo da obra que os gobernos de Lula da Silva e Dilma Roussef autoconstruíron a Lusofonía como ferramenta de poder brando do Brasil no escenario internacional do S.XXI. …

Lula e Galicia na construción da lusofonía Ler máis »