roi o vila 1

P. Vila, Roi

É consultor político freelance especializado en análise política, datos e comunicación. Cun grao en Ciencias Políticas pola Universidade de Santiago de Compostela e un MSc en Política Europea pola London School of Economics and Political Science (LSE), conta con máis de dez anos de experiencia en consultoría política, intelixencia competitiva, análise de reputación e estratexia comunicativa.

Durante seis anos, Roi dirixiu o departamento de intelixencia competitiva dunha axencia de comunicación, liderando un equipo centrado na análise crítica para administracións públicas e entidades políticas. Ademais, colaborou en múltiples campañas políticas a nivel nacional, rexional e local.

Ademais, combina unha perspectiva multilingüe e europea cun enfoque analítico basado en datos e a comunicación estratéxica, adaptadas á realidade política e socioeconómica contemporánea. A súa experiencia inclúe tamén a creación de sistemas de indicadores, redacción de códigos éticos e regulacións de bo goberno, e tarefas de interpretación e tradución en contornos administrativos e académicos.


Artigos de P. Vila, Roi

A UE na escalada bélica (II) A alternativa á escalada militar: descentralización e cooperación

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
No debate sobre a seguridade europea, hai unha cuestión clave que se evita sistematicamente: a militarización é incompatible cun modelo democrático sostible. A centralización do poder militar non só transforma a relación entre o Estado (ou a UE) e a cidadanía, senón que tamén fomenta unha cultura de obediencia en detrimento da participación política.

A UE na escalada bélica (I) O erro irreversible da militarización da UE

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
A decisión da Unión Europea de incrementar o seu gasto militar e de algúns países consideraren medidas como a reintrodución do servizo militar obrigatorio responde a unha lóxica de escalada bélica que debe ser analizada con profundidade. A guerra en Ucraína serviu de catalizador para este cambio, pero a transformación da UE nun actor militar de primeira orde non pode entenderse só como unha resposta conxuntural. Máis ben, insírese nunha dinámica de longo prazo que reflicte un erro difícilmente reversible se se plasma en medidas materiais concretas: a crenza de que a paz e a estabilidade se manteñen a través do poder armado.
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA polo autor.

Foco en Moldavia (II) O camiño cara a UE: retos e riscos

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
O proceso de adhesión de Moldavia – mais tamén de Ucraína - afondan nun cambio significativo no enfoque da UE, que está a pasar dunha integración centrada no mercado, na economía e en procesos de democratización internos, a unha vontade explícita – mesmo por parte da presidenta da CE - de contrarrestar a influencia de Rusia e reforzarse como un polo de poder no contexto internacional que transcende o plano económico ou de valores ilustrados empregado até agora.
Moldavia orientando o seu destino. Imaxe creada por IA

Foco en Moldavia (I) Antencedentes e contexto

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
A recente vitoria electoral de Maia Sandu en Moldavia, acompañada dun referendo sobre a adhesión á UE, marca un momento crucial para o país e para Europa. Situada entre as ambicións da Unión Europea e a influencia rusa, Moldavia enfronta un camiño complexo, onde o respaldo europeo representa desafíos tanto para a Unión como para o país do leste. Este contexto de transición implica de cheo á UE nun taboleiro xeopolítico complexo e marca un punto de inflexión respecto a procesos de expansión anteriores.