xuliorios

Ríos, Xulio

Fundador e Presidente de Honra do IGADI. Asesor emérito do Observatorio de la Política China. Secretario da Fundación Plácido Castro

Podes coñecer unha escolma dos seus Libros, como autor ou coordinador de obras colectivas, nesta ligazón.


Artigos de Ríos, Xulio

O gran negocio da guerra

Apartados xeográficos Outros
Nun recente informe do SIPRI (Stockholm International Peace Research Institute) relativo á evolución do comercio de armas en 2016, recóllese que as vendas entre Estados eleváronse á astronómica suma de 374,8 mil millóns de dólares, o que equivale a un aumento do 38 por cento nos últimos catorce anos. Tras un lustro de estancamento, a …

Ríos, Xulio Ler máis »

Silvio Berlusconi, de volta

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O ex primeiro ministro italiano Silvio Berlusconi semella listo para regresar á primeira liña da política italiana despois de que a coalición que apoiou gañara as eleccións rexionais en Sicilia. O seu favorito, o ex eurodeputado Nello Musumeci, derrotou ao candidato anti-establishment do movemento cinco estrelas de Beppe Grillo con pouco menos do 40 por …

Ríos, Xulio Ler máis »

O rumbo de Xapón

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Nos recentes comicios celebrados en Xapón, a coalición formada polo Partido Liberal Demócrata (PLD, dereita) de Shinzo Abe e o partido Komeito (centrodereita), obtivo unha vitoria incontestable, superando a maioría de dous terzos. Co Partido da Esperanza, encabezado pola gobernadora de Tokio, Yuriko Koike, e co Partido da Innovación de Xapón, entre os catro suman …

Ríos, Xulio Ler máis »

O polvorín birmano

Apartados xeográficos Asia
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O drama vivido pola minoría rohingya en Myanmar, vítima dunha limpeza étnica sen paliativos condenada polas Nacións Unidas, non é mais que a punta do iceberg da fráxil convivencia que caracteriza este país dende hai décadas. Ata preto de medio millón de integrantes desta minoría musulmá foron expulsados polo exército regular cara o Bangladesh veciño. …

Ríos, Xulio Ler máis »

O Congreso de Xi Jinping

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O XIX Congreso que o Partido Comunista da China (PCCh) vai celebrar este outono é un dos mais importantes da súa historia recente. En primeiro lugar, porque discorre nunha etapa crucial do proceso de modernización que vive o país; tamén porque acelera a conta atrás para o primeiro centenario da fundación do Partido (2021); en …

Ríos, Xulio Ler máis »

BRICS

Apartados xeográficos China e o mundo chinés
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Xiamen, na China, acolleu o cumio da primeira década dos BRICS, un foro que pretende ser o xermolo dun Sur Global con capacidade para tratar de igual a igual co Norte Global que hoxe domina as principais institucións internacionais. O encontro tratou de transmitir a mensaxe de plena vixencia daquel compromiso que lle dera vida, …

Ríos, Xulio Ler máis »

Dous pirómanos na floresta coreana

Apartados xeográficos Península Coreana
Liñas de investigación Relacións Internacionais
O intercambio de exabruptos entre o presidente Trump e o líder norcoreano Kim Jong-un pode pasar de longo de novo como unha nube de verán sen mais transcendencia pero cada escalada verbal bota gasolina sobre un conflito que en calquera momento podería desbordarse. Pese a que todos os actores na zona descartan para os seus …

Ríos, Xulio Ler máis »

A CPI

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Relacións Internacionais
A Corte Penal Internacional vai camiño de cumprir dúas décadas. A creación do primeiro tribunal penal internacional permanente da Historia para xulgar crimes de guerra, crimes contra a humanidade, o xenocidio e os crimes de agresión foi un paso de xigante na loita contra a impunidade se ben está lonxe aínda de revestir un formato …

Ríos, Xulio Ler máis »

Medallas sen Política

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia
Teño o meu propio parecer a propósito da concesión da medalla de ouro de Galicia ao ex presidente portugués Cavaco Silva pero con independencia diso o que chama a atención do xesto das autoridades galegas cara Portugal é a insistencia unha vez mais no simbolismo sen que isto teña unha correspondencia coa dotación dunha axenda …

Ríos, Xulio Ler máis »