ACORDO DE COLABORACIÓN
Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación-Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional
Reunidos en Pontevedra 22 de abril de 2022
Dunha parte, Iria Taibo, como Presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación e doutra, Danel González Palau con DNI 44841602C, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, con CIF, G36741049.
Recoñecéndose mutuamente a capacidade legal para asinar o presente Acordo de colaboración
MANIFESTAN
Tendo en conta que ambas entidades sinalan como unha das súas preocupacións comúns as potencialidades globais da natureza internacional de Galicia, a súa lingua e cultura.
Considerando que o fomento dos intercambios entre ambas entidades e a diversos niveis poden contribuír a reforzar a utilidade e o interese do traballo en común.
Valorando a importancia de institucionalizar devanditos intercambios e coincidindo ambas partes na necesidade de contribuír, na medida das súas posibilidades, a estimular o interese polo coñecemento e o uso de linguas internacionais en Galicia, as dúas partes subscriben o presente Acordo, suxeito as distintas
Primeira
Establécense como obxectivos compartidos os seguintes:
a) Facilitar a celebración de conferencias, simposios, encontros, etc, optimizando o intercambio de visitas e contactos.
b) O desenvolvemento de liñas de traballo conxuntas, así coma a participación en convocatorias de proxectos concretas.
c Promover mecanismos que permitan unha eficaz coordinación con todos aqueles axentes (académicos, políticos, sociais, etc) que poidan estar interesados na consecución de similares obxectivos.
d) Difusión recíproca e intercambio de artigos e publicacións que resulten de interese conforme ao actual acordo, asegurando a permanente fluidez de información entre ambas entidades.
Segunda
En todas as actividades desenvolvidas ao amparo deste Acordo farase constar explicitamente a participación de ambas partes.
Terceira
Ambas partes comprométense a procurar o financiamento adecuado para a digna realización das actividades programadas.
Cuarta
Crearase unha Comisión de Seguimento formada por un representante de cada unha das partes que se reunirán, como mínimo, unha vez ao ano. Cada parte designará devanditos representantes no prazo máximo dun mes á sinatura do convenio, sinalando un suplente
Quinta
As partes asinantes acordan que en caso de litixio, discrepancia ou reclamación que resulte da execución ou interpretación do presente Acordo, resolverase a través de consultas en pé de igualdade.
Sexta
A duración do Acordo é de tres anos, e entrará en vigor a partir da data da sinatura. A rescisión do mesmo por algunha das partes efectuarase por escrito e cunha antelación mínima de tres meses. En calquera caso, deberase garantir a finalización das actividades en curso.
E en proba de conformidade, as dúas partes asinan o presente Acordo no lugar e data do encabezamento.