Convenio de colaboración entre a EGAP e o IGADI, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación
En Santiago de Compostela, a 4 de Febreiro de 2011.
REUNIDOS
Dunha parte o Sr. D. Pablo Figueroa Dorrego, Director da Escola Galega de Administración Pública (en adiante EGAP), nomeado polo Decreto 213/2009, do 23 de abril (DOG nº 79 do 24 de abril), actuando en nome e representación da EGAP, en virtude das facultades que lle confire o artigo 9º da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da EGAP, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo;Doutra, o Sr. D. Xulio Ríos Paredes, na súa condición de director da asociación “Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional” (IGADI) e intervindo neste acto por conta e representación daquela entidade, segundo se acredita por medio da certificación expedida o 3 de febreiro de dous mil once por Roberto Mansilla Blanco, secretario da devandita Asociación, e consonte coas facultades e funcións que lle atribúen os artigos 23 e afíns dos seus Estatutos.Teñen, segundo interveñen, a capacidade legal necesaria para formalizar o presenteConvenio de Colaboración, eEXPOÑEN
PRIMEIRO.- Que a EGAP é un organismo autónomo de carácter administrativo e unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, que actúa con plena autonomía funcional para o cumprimento dos seus fins.SEGUNDO. - Que a Lei 4/1987, de 27 de maio, pola que se crea a EGAP, menciona entre os fins da Escola a formación, o perfeccionamento, a investigación, a documentación, o estudio e a realización de traballos de divulgación no campo da administración pública, promovendo á súa máxima difusión.TERCEIRO.- Que a asociación “Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional” (IGADI) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten por obxecto, entre outros, reflexionar sobre os problemas internacionais e a proxección de Galicia no exterior, promovendo iniciativas de formación relacionadas con esa dupla preocupación.CUARTO.- Que ambas as dúas partes consideran de mutuo interese para o cumprimento das súas respectivas funcións establecer fórmulas de colaboración no ámbito formativo, divulgador e investigador a través do presente Convenio.En virtude do exposto e recoñecéndose ambas dúas partes na representación que ostentan capacidade suficente, acordan asinar un convenio de colaboración de acordo coas seguintesCLÁUSULAS
PRIMEIRA.- Obxecto.O obxecto deste convenio entre a EGAP e o IGADI, é a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do mesmo; actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizacionais de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.SEGUNDA.- Actuacións.A EGAP e o IGADI, en virtude do disposto neste convenio, podrán colaborar en actividades relacionadas coa realización de formación, divulgación e investigación no ámbito das súas competencias.As modalidades de colaboración poderán consistir en:- Realización conxunta de cursos, xornadas, seminarios e outras actividades de divulgación.
- Edición conxunta de libros, outras publicacións e documentos de traballo. Ambas as dúas instituciones comprométense a remitir un exemplar das súas publicacións periódicas á Biblioteca da outra, para a súa difusión.
- Promover a actividade investigadora de ambas as dúas institucións mediante proxectos de investigación conxuntos.
- Cantas outras sexan consideradas de interese común, dentro da competencia e disponibilidade das partes, en relación á actividade obxeto deste Convenio.
- Velar polo cumprimento do convenio.
- Concretar, seguer, interpretar e avaliar as accións derivadas do presente convenio.
- Adoptar ou propoñer as medidas necesarias para garantir o exercicio coordinado das competencias de cada unha das partes.
- Resolver os problemas de interpretación que poidan xurdir.
- En xeral, as que o artigo 6.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, lle atribúe o órgano de vixilancia e control.
Pola Escola Galega de Administración Pública, | Polo IGADI, |
D. Pablo Figueroa Dorrego. | D. Xulio Ríos Paredes. |