Xulio Ríos, Edicións Xerais de Galicia, Colección Crónica, Vigo, 1998, 224 páx.
Xulio Ríos, Edicións Xerais de Galicia, Colección Crónica, Vigo, 1998, 224 páx.
¿A onde vai a China? ¿Implican os actuais cambios no sistema un cambio de sistema? Case unha década despois da caída do muro de Berlín, formalemnte unha quinta parte da humanidade segue gobernada por un Partido Comunista con máis de sesenta millóns de membros. A partir desta rotundidade, Xulio Ríos ofrécenos un fidedigno retrato das múltiples contradiccións que habitan no chamado “socialismo de peculiaridades chinesas”. De costas ás etiquetas dun ou doutro signo, un nacionalismo, inicialmente moderado, asoma en Pequín coma o denominador común de todas as transformacións en curso. É a ponte invisible que de Confucio a Deng Xiaoping vertebra o presente e o futuro dunha China sempre milenaria.