Sande Veiga, Diego

Sande Veiga, Diego

Diego Sande Veiga (Santiago de Compostela) é coordinador da Liña de investigación en Economía do IGADI. É profesor de Economía Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Economía e Empresa.

É ademais funcionario da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. As súas liñas de investigación principais céntranse no impacto das políticas públicas de innovación en Galicia, na xestión e aplicación dos Fondos Europeos para o desenvolvemento rexional e na innovación tecnolóxica medioambiental. 

Colabora co Grupo de Investigación ICEDE (Innovación, Cambio Estrutural e Desenvolvemento) da Universidade de Santiago de Compostela e co IGADI (Instituto Galego de Documentación Internacional). Forma parte do Consello de Redacción da Revista Tempo Exterior. Participou en numerosos congresos nacionais e internacionais e publicou libros e numerosos artigos en revistas científicas e técnicas, ademais de colaborar con diferentes medios de comunicación.

Recibiu o Premio Colmeiro de Investigación da Xunta e Galicia en 2024, así coma o Primeiro Premio a Investigacións sobre o Emprego do Concello de Santiago de Compostela, e o Premio Extraordinario do Mestrado DEIN.

Enderezo electrónico: dsande@igadi.gal


Artigos de Sande Veiga, Diego

A revolución fotovoltaica en Galicia virá de Europa

Apartados xeográficos Europa
Liñas de investigación Economía Unión Europea
Segundo informa o Parlamento Europeo, tres cuartas partes das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE débense ao sector da enerxía, que envolve á produción de electricidade, de calor, e ao seu transporte. Por este motivo, e para acadar o obxectivo de neutralidade climática da UE para 2050, acelerar a implantación das enerxías renovables é un factor clave para reducir as emisións do sector eléctrico e avanzar na estratexia “verde” europea. Ademais, a escalada da guerra na Ucraína acelerou a necesidade de desconexión europea das enerxías fósiles, tanto pola “recomendación” da OTAN de non contratar co veciño ruso como polo encarecemento  enerxético froito das compras de gas natural licuado estadounidense.  

Cinco décadas de apertura nas relacións económicas de Galicia con Portugal

A distancia cultural non é un tema destacado nos debates económicos. Fronte á idea de comercio global, a realidade das relacións económicas é que estas adoitan producirse de maneira frecuente dentro de bloques rexionais -con características comúns a nivel xeográfico, histórico, cultural, social, etc.- e a nivel interrexional. De esta idea xorden construcións históricas como a Unión Europea (UE), pero tamén outros espazos como NAFTA, ASEAN, MERCOSUR, ECOWAS, CAN ou o ALBA. Neste sentido, os vínculos culturais e históricos son un factor clave xa que, a menor distancia cultural entre países, menor cantidade de barreiras que sería preciso derrubar para comerciar.

Houston, temos problemas medioambientais

Apartados xeográficos Outros
Liñas de investigación Economía
Non cabe dúbida de que o problema medioambiental é unha das principais preocupacións a nivel mundial. Recibimos constantemente entradas de información nese sentido. Así, nos últimos días o presidente Biden (EEUU) manifestou –dentro dunha concepción bipolar mundial-  que se hai algo máis perigoso que Putin no mundo, iso é o cambio climático. A alteración das temperaturas, o derretemento dos casquetes polares, ou a extinción de especies de fauna e flora son algunhas das consecuencias xa palpables.

Innovar en mercados: É Cabo Verde unha oportunidade para Galicia?

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
O pasado vinte e xaneiro o pobo caboverdiano celebraba o cincuenta e un aniversario do día da súa declaración de liberdade, que non foi recoñecida ata xullo de 1975. A día de hoxe, e con arredor de medio millón de habitantes, as súas dez illas volcánicas macaronésicas son fonte de contrastes.

Exportar a alta tecnoloxía galega

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Liñas de investigación Paradiplomacia Economía
A investigación vén remarcando a través de numerosos estudos nos últimos anos que a innovación é fonte de crecemento e motor do desenvolvemento económico. Polo tanto, a aposta pola innovación é unha necesidade para o tecido empresarial galego. A pesar disto, o esforzo en investimento en I+D apenas supera o 1% respecto ao PIB en Galicia, tanto a nivel público como privado.

Angola, un mercado potencial para Galicia?

Tal e como recoñece a Lei Paz Andrade, “no actual mundo globalizado, as institucións galegas, comprometidas co aproveitamento das potencialidades de Galicia, deben valorizar o galego como unha lingua con utilidade internacional”. Como tamén recolle a propia Lei, a comprensibilidade entre linguas fai que o galego sexa porta de entrada para o mercado de “nove países, e do territorio de Macau, na China. Entre estes países figuran potencias económicas como o Brasil e outras economías emerxentes”. Tal é a potencialidade lingüística e cultural que a propia Lei convida ás autoridades galegas a “promover economicamente todas cantas medidas sexan posibles para mellor e valorizar esta vantaxe histórica”.

Unha revisión crítica dos ODS

O peche do ciclos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) deu paso a que o 25 de setembro de 2015 a ONU adoptase unha nova lista de metas: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Con vixencia ata o ano 2030, esta lista concretouse en 17 obxectivos xenéricos (táboa 1), que se materializan en 169 metas medibles e 230 indicadores.