Análises

As distintas Liñas de Investigación e análise producen artigos, publicacións, actividades e proxectos. Desde aquí podes coñecer toda a produción do IGADI. Nos nosos 31 primeiros anos de vida (1991-2022) o IGADI xerou máis de 6.000 artigos na súa web.

En su apartamento scaled 1

SAIC con C de Castedo

Galicia e China non comezan a coñecerse coa chegada dos investimentos do século XXI. Eses proxectos aséntanse sobre unha historia máis longa de curiosidade intelectual, respecto mutuo e cooperación. Hoxe, a memoria de José Castedo Carracedo (1914-1982) pode inspirar unha nova etapa na que a colaboración industrial e tecnolóxica se apoie tamén nun coñecemento recíproco máis profundo.

SAIC con C de Castedo Ler máis »

drons

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína.

Cando en febreiro de 2022 deu comezo o que o presidente ruso Vladimir Putin denominou eufemísticamente «Operación Militar Especial» (OME), e que se traduciu na ocupación (a segunda dende 2014) de territorio soberano da República da Ucraína, moitas cousas cambiaron. Unha delas foi a reestructuración das arquitecturas de combate vixentes ata a data. O emprego de drones alterou completamente o teatro de operacións desbaratando o equilibrio de forzas.

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína. Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

A formación universitaria en relacións internacionais e o camiño cara a integración de Galicia na Lusofonía

A primeira promoción do Grao interuniversitario de Relacións Internacionais graduase este 2026 marcando un fito no marco do ensino galego. Esta promoción comezou a súa andaina o mesmo ano en que saíu do prelo a tan esperada Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Ga¬licia, e gradúase coa publicación da Estratexia Galega de Acción Exterior (EGAEX) 2025-2029. O momento non pode ser mais acaído dado o contexto histórico, onde estamos a vivir unha rápida reordenación das relacións internacionais con enorme impacto no ámbito local ao que se lle deixa cunha limitada capacidade de reacción, a mercé de decisións en niveis superiores, e coa imperiosa necesidade de reorganizar as súas capacidades e potencialidades para mitigar as crises abertas e as por vir.

A formación universitaria en relacións internacionais e o camiño cara a integración de Galicia na Lusofonía Ler máis »

otero placido

De Don Ramón a Don Plácido

As relacións entre Ramón Otero Pedrayo e Plácido Castro constitúen unha das mostras máis expresivas da fonda cohesión humana e intelectual que caracterizou o galeguismo histórico. Mantida ao longo de varias décadas, sobreviviu ás distancias físicas, ás dificultades políticas e ás circunstancias persoais, conservando sempre un fondo de admiración mutua e de amizade sincera que se manifesta tanto na correspondencia como nas dedicatorias que ambos se intercambiaron.

De Don Ramón a Don Plácido Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Ponte nas Ondas: Un modelo como proxección

Desde a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! vimos desenvolvendo desde hai tres décadas un labor constante de “re-transmisión” do noso patrimonio cultural ás novas xeracións, quer en Galicia como en Portugal. E facémolo tendendo pontes de entendemento a través do patrimonio cultural inmaterial galego-portugués, ese patrimonio que nos conecta con todo o mundo e do que somos o territorio de orixe.

Ponte nas Ondas: Un modelo como proxección Ler máis »

ucraina

O sinuoso camiño de Ucraína cara á UE: Entre o rigor técnico de Bruxelas, as tensións bélicas e a deriva autocrática de Kíiv

En xullo de 2026, o proceso de integración de Ucraína na Unión Europea deixou atrás a época das meras declaracións políticas para adentrarse nunha fase de negociacións técnicas profundas e, por forza, complexas. Este avance prodúcese nun escenario sumamente adverso: Ucraína vese obrigada a librar unha guerra pola súa supervivencia, a preservación da súa independencia e a restauración da súa integridade territorial. Paradoxalmente, foi precisamente este anhelo de integración europea un dos detonantes que empuxou á Federación Rusa a lanzar a súa invasión a gran escala en febreiro de 2022.

O sinuoso camiño de Ucraína cara á UE: Entre o rigor técnico de Bruxelas, as tensións bélicas e a deriva autocrática de Kíiv Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Votar e moito mais Arturo Lezcano 1

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (IV) Arturo Lezcano reivindica o dereito dos galegos de América a que se recoñeza a súa historia e o seu protagonismo na construción da Galicia presente e futura

Fixemos esta entrevista co xornalista Arturo Lezcano uns días antes de que os representantes de dous partidos políticos españois cuestionasen os dereitos dos cidadáns no exterior. Levamos tempo traballando nesta idea de procurar e pensar as novas cidadanías que se abren a partir da obtención da nacionalidade para descendentes de emigrados ou exiliados. Non xa como o proxecto utópico deses que tiveron que marchar da súa terra para seguir soñando e poder sobrevivir, senón como unha realidade chea de posibilidades de futuro en todos os ámbitos.

Especial Novas Cidadanías: Votar e moito máis (IV) Arturo Lezcano reivindica o dereito dos galegos de América a que se recoñeza a súa historia e o seu protagonismo na construción da Galicia presente e futura Ler máis »

Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
asílica Catedral de Arequipa, Ciudad Blanca (Perú)

Medio país fronte a medio país – 2ª volta nas eleccións presidenciais do Perú

Keiko Fujimori chega á presidencia na súa cuarta tentativa cunha vantaxe de menos de tres décimas de punto, nun país dividido case á metade e cun Congreso bicameral que estrea regras pensadas para frear o ciclo de destitucións.

Medio país fronte a medio país – 2ª volta nas eleccións presidenciais do Perú Ler máis »

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Latinoamérica
Nós no Mundo 2026 — Acción exterior de Galicia  nun sistema internacional inestable

Liñas de acción exterior en política lingüística

A política lingüística ten unha obvia dimensión exterior (poderíase dicir internacional, pero exterior cobre un campo máis amplo). Descoñezo ata que punto existe unha estratexia global elaborada nese ámbito, pero, ata onde sei, só se teñen ofrecido propostas e levado a cabo iniciativas en aspectos concretos, como pode ser, poño por caso, a relación cos países de lingua portuguesa ou as cátedras / centros de estudos galegos en universidades de fóra de Galicia. Este texto non aspira máis que a chamar a atención sobre a necesidade desa estratexia global, apuntando algunhas liñas que parecen obvias e que precisarían ser traballadas, sen pretensións de esgotar o asunto. Máis ben todo o contrario, trátase de esbozalo.

Liñas de acción exterior en política lingüística Ler máis »

Liñas de investigación Paradiplomacia
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia