Noticias

As novas dan conta das actividades máis destacadas do IGADI, como o lanzamentos das nosas publicacións, o inicio dalgún proxecto, a participación nalgunha actividade concreta, etc.

XIVSimposio

Inscríbete na XIV edición do Simposio Electrónico Internacional de Política China (21 e 22 de marzo)

O Simposio organizado polo IGADI-Observatorio de la Política China cumpre neste 2024 a súa decimo cuarta edición, abrindo unha nova época baixo a dirección de Raquel Isamara León de la Rosa. O Simposio evoluciona o seu formato, que agora concentrarase por medio de dous días de sesións temáticas en tempo real. Na edición deste 2024 colabora Casa Asia, que participará na inauguración por medio do seu Director, Javier Parrondo.

Cartel final Seminario BUAP IGADI

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas”

O próximo venres 19 de maio (17h en España) realizarase un Seminario internacional online vinculado ao número 45 da nosa publicación semestral, Tempo Exterior (xullo-decembro 2022). O número, coordenado polos profesores da Universidade Benemérita de Puebla, Raquel Isamara León de la Rosa (Consello de Investigación do IGADI e Directora do Observatorio de la Política China) …

A Universidade Benemérita de Puebla (México) e o IGADI organizan o 19 de maio un Seminario internacional “Comercio e Relacións Internacionais post-pandémicas” Ler máis »

Logo do Campus Industrial de Ferrol

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol

O Convenio entre a Universidade da Coruña e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) asinado o pasado 21 de decembro de 2022 atinxe ámbitos variados no eido da internacionalización de interese común para as dúas entidades, enfocando a súa atención no traballo do Observatorio da Política China (OPCh). O OPCh é unha …

A Universidade da Coruña e o IGADI asinan un Convenio de colaboración para impulsar a internacionalización do Campus Industrial de Ferrol Ler máis »