Cooperación Internacional e Axenda 2030 : Liña de investigación

Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.

Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no  marco da Responsabilidade Social Corporativa.

Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.

Coordina: Christoph Schreinmoser

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar?

Despois de máis de dúas décadas de complexas negociacións, o pasado 17 de xaneiro de 2026, entrou en vigor o comunmente chamado Tratado Global dos Océanos ou Acordo BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) de Nacións Unidas. Para o secretario xeral, António Guterres, trátase dun fito histórico para o océano e o “multilateralísimo”.

A Diplomacia dos Océanos tras o Fito do BBNJ (Biodiversity Beyond National Jurisdiction) da ONU: Unha Gobernanza Azul en Alta Mar? Ler máis »

O novo mundo: Multipolaridade inestable nun sistema internacional en conflito — IGADI Annual Report 2025-2026

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26

A 19º edición do anuario de relacións internacionais e política global do IGADI, perfila as principais dinámicas da sociedade internacional durante o 2025 así como as perspectivas dos acontecementos en curso no 2026. Marcado pola Presidencia do Donald Trump 2.0 e a erosión total do sistema de normas occidentais polo seu arquitecto principal, os Estados Unidos de América, a gobernanza global profundiza na inestabilidade.

Cal é o estado do planeta? Xa dispoñible o IGADI Annual Report 25-26 Ler máis »

IGADI La Politica Exterior Feminista y el Pacto del Futuro Pagina 01 600x412 1

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026

O Informe conta coa participación de investigadoras como Manuela Mesa, de CEIPAZ, Inés Arco do CIDOB ou María Solanas do Real Instituto Elcano, así como unhas conclusións finais arredor da pregunta que sustenta todo o Informe: Como articular a PEF nun contexto de crise do sistema multilateral e auxe de olas reaccionarias?

Dispoñible en portugués e castelán o 2º Informe sobre a Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro 2026 Ler máis »

15 de xaneiro de 2026, o presidente Donald Trump recibe como agasallo a medalla do Premio Nobel da Paz concedida a María Corina Machado no Despacho Oval da Casa Branca. Fonte: White House

Que paz premia o Nobel?

O 9 de xaneiro de 2026, o Instituto Nobel viuse obrigado a emitir unha aclaración pouco habitual: unha vez concedido, o Premio Nobel da Paz non pode ser revogado, compartido nin transferido. O comunicado chegou despois de que a galardoada política venezolana María Corina Machado suxerise publicamente que podería ofrecer o seu premio a Donald Trump trala intervención militar ilegal dos Estados Unidos en Venezuela o 3 de xaneiro de 2026. O episodio condensou a controversia que rodea o Nobel da Paz de 2025 desde o seu anuncio e puxo de manifesto, con especial nitidez, a tensión entre a autoridade simbólica do galardón e os usos políticos aos que se ve sometido.

Que paz premia o Nobel? Ler máis »

Pensalo2Veces

#Pensalo2Veces: Galicia na Unesco e ONU Turismo

O 26 de xaneiro de 2026 o ministro de Exteriores e o conselleiro de Acción Exterior da Generalitat, oficializaron o inicio do proceso para que Catalunya acade a condición de membro asociado na Unesco e en ONU Turismo. Anunciouse tamén que Euskadi seguirá o mesmo camiño.

#Pensalo2Veces: Galicia na Unesco e ONU Turismo Ler máis »

PEF 2ed creatividades xeral cadrado 1

A Política Exterior Feminista na IGADI TV

No marco da segunda edición do proxecto “A Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro” o pasado 5 de marzo tivemos un programa especial de máis de dúas horas e media de duración na IGADI TV. No programa, presentado por Patricia Coloret, Elisabet Golerons e Daniel González Palau, participaron María Solanas, Manuela Mesa e

A Política Exterior Feminista na IGADI TV Ler máis »

lugo trump 2026

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial?

O Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) acolle este xoves 26 de febreiro ás 19.00 horas na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo o faladoiro “A administración Trump: unha nova orde mundial?”, dentro do ciclo de debates Encontros de Lúa Che

Lugo, 26 de febreiro: A administración Trump: unha nova orde mundial? Ler máis »