Observatorio das Diásporas : Liña de investigación

Ao longo das tres décadas de historia do IGADI, a cuestión migratoria estivo sempre presente, dende a reflexión sobre as migracións como fenómeno universal, ata a análise histórica dos movementos de poboación e da identidade de Galicia no exterior. A diáspora ten un rol específico e crítico nas políticas de acción exterior de Galicia por construír.

 

Durante a Presidencia de Manuel Fraga o IGADI xestionou os Foros Bilaterais para identificar as redes de conexión de Galicia coa súa diáspora.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia

Hoxendía, contar cunha axenda exterior é un trazo indispensable en calquera ámbito, dende a empresa, a cultura ou a política. Nese contexto, para Galicia, contar cunha diáspora constitúe un activo estratéxico de primeira orde e, en moitos casos, unha das palancas máis eficientes —e menos custosas— para proxectar influencia, visibilidade e interese nacional no exterior. Contar cunha diáspora significa dispoñer dunha rede mundial informal que complementa e ás veces supera a diplomacia tradicional. Supón ampliar o alcance internacional dun país, diversificar voces e engadir capas de lexitimidade social ás relacións exteriores. Enriquécese a acción exterior porque a fai máis humana, máis plural e máis conectada co mundo real, fóra das loxísticas ríxidas e dos discursos oficiais.

Diáspora (I): O maior activo internacional de Galicia Ler máis »

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, na Sala Castelao da sede social onde se custodia o cadro “A derradeira leición do mestre” pintada en homenaxe a Alexandre Bóveda.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos

O presidente do Centro Galicia de Buenos Aires, José María Vila Alén, fai balance do Ano Castelao e destaca que se ten acadado un recoñecemento “definitivo” da figura do rianxeiro como precursor dunha Galicia Autonómica e como pensador dunha cartografía para “non perderse”.

Especial Ano Castelao (XXIII) José María Vila Alén propón un plan director do patrimonio cultural das sociedades galegas na diáspora e incorporar a historia da emigración nos contidos educativos Ler máis »

Carlos Ameijeiras Miñones, presidente da Asociación Benéfica e Cultural do Partido de Corcubión.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior

O presidente da Asociación Benéfica e Cultural de Corcubión, Carlos Ameijeiras Miñones, vén de reiterar o seu pedido de que se inclúa na currícula educativa galega unha asignatura específica sobre a “historia da emigración” para que as mozas e os mozos de Galicia coñezan a xesta patriótica dos exiliados e dos emigrantes galegos. Fíxoo no marco desta entrevista sobre a iniciativa para reivindicar a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao como primeiro presidente de Galicia e na que destaca o papel das entidades de emigrantes de Arxentina e Uruguai no apoio ao rianxeiro e á causa galeguista para restituír un goberno democrático.

Especial Ano Castelao (XXII) ABC de Corcubión reclama a inclusión da asignatura “Historia da emigración galega” nos centros de ensino para que as novas xeracións coñezan a xesta patriótica dos galegos do exterior Ler máis »

DIEGO OLIVER XEITO NOVO

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo

Xeito Novo foi o primeiro grupo de música folk de Arxentina e a súa actividade de difusión da cultura galega móvese na sociedade máis alá das fronteiras da colectividade. A Fundación naceu en 1984 para dar a coñecer cantos, bailes, ritmos, instrumentos, formas interpretativas e vestiarios tradicionais galegos recollidos nas súas propias investigacións. Así mesmo, apostan pola fusión e a innovación nos formatos musicais que interpretan no circuito musical arxentino. Entrevistamos a Diego Oliver, integrante da agrupación, para coñecer como están a vivir o Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XXI) “Castelao é a figura que se asocia coa unidade e que contaxia galeguidade sen discusión”, asegura Diego Oliver de Xeito Novo Ler máis »

bernardo rey retrato

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar

Cando o Ano Castelao se asoma á meta logo de relatorios, actividades, reivindicacións e homenaxes, estes días vén de anunciarse que a obra pictórica máis icónica do rianxeiro “A derradeira leición do mestre”, que ilustra a barbarie fascista que asasinou a Alexandre Bóveda, exporase no verán do norte en Pontevedra. Segundo a Directora do Museo de Pontaevedra, Ángeles Tilve, trátase dunha colaboración institucional entre a Deputación de Pontevedra e o Centro Galicia de Buenos Aires “que suma” para abrir unha vía de cooperación que en beneficio de todos os galegos e que servirá para difundir a obra e o seu contexto da creación, que denuncia e homenaxe a Bóveda cando rematan os 12 meses dedicados á figura de Castelao e se cumpren 80 anos do golpe de Estado do 36.

Especial Ano Castelao (XX) “Aínda que non é a Galicia ideal, creo que Castelao estaría contento de ver como a Galicia Universal medra”, afirma Bernardo Rey, presidente do Fogar Galego para anciáns de Domselaar Ler máis »

Ana Pontón, na súa intervención na Federación de Sociedades Galegas da República Arxentina

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou en Buenos Aires do descubrimento dun busto de Castelao e expuxo a súa posición sobre a relevancia da figura do rianxeiro e os retos que ten por diante a Galicia Universal.

Especial Ano Castelao (XIX) “A figura de Castelao incomoda porque a súa obra e o seu pensamento son unha emenda á totalidade ao que está facendo o goberno do PP” Entrevista con Ana Pontón, portavoz nacional do BNG Ler máis »

Pérez Esquivel no acto. Fotografía: Paula Sabajanes

Especial Ano Castelao (XVIII) O Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, abraza a figura de Castelao para defender a memoria, “Iluminar o presente e construír un novo amencer para os pobos”

Participou na descoberta dun busto do rianxeiro na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina xunto á portavoz nacional do BNG Ana Pontón, a eurodeputada Ana Miranda e representantes da colectividade galega no país austral e colectivos de Dereitos Humanos. Pérez Esquivel é descendente de galegos e mantén unha participación activa nas iniciativas de defensa da memoria e da identidade. A peza escultórica foi realizada polo artista Gabriel Hernán ” Ramirez” especialmente para o peche da programación polo Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XVIII) O Premio Nobel da Paz, Adolfo Pérez Esquivel, abraza a figura de Castelao para defender a memoria, “Iluminar o presente e construír un novo amencer para os pobos” Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
José Manuel Besteiro (na marxe esquerda) na caseta de España o 9 de novembro no festival Buenos Aires celebra, xunto membros das entidades da colectividade e o Embaixador de España en Arxentina, Joaquín María de Arístegui Laborde (na marxe dereita da imaxe).

Especial Ano Castelao (XVII) “Desexo que a Galicia territorial e a Galicia universal teñamos cada vez máis claro que Galicia é única e coas achegas de todos”, remarca José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada

José Manuel Besteiro é presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada, unha entidade pola fusión entre a Unión Estradense e a Federación Agraria de A Estrada. Desde 1915 reúne aos veciños da comarca arredor de actividades culturais e sociais abertas tamén á comunidade de acollida. A Estrada foi unha das entidades do río da Plata en impulsar a iniciativa par recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia. Besteiro é avogado e ten unha longa traxectoria como dirixente deportivo no Club River Plate. No mes de outubro, asumiu como presidente da Federación de Sociedades Españolas de Arxentina (FEDESPA).

Especial Ano Castelao (XVII) “Desexo que a Galicia territorial e a Galicia universal teñamos cada vez máis claro que Galicia é única e coas achegas de todos”, remarca José Manuel Besteiro, Presidente do Centro Cultural do Partido da Estrada Ler máis »

Liñas de investigación Observatorio das Diásporas
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia
Fotografía do Roteiro Castelao, organizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda na Coruña

Especial Ano Castelao (XVI) “Olla meu irmán honrado o que acontece con Daniel, os que o tiñan desterrado agora falan ben del” Jorge Castro, Asociación Alexandre Bóveda

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao pintou a súa obra máis emblemática na memoria de Alexandre Bóveda, amigo, fundador e secretario de organización do Partido Galeguista, asasinado o 17 de agosto de 1936 e á quen a Irmandade Galega de Bos Aires dedicoulle en 1942 o Día da Galicia Mártir. “A derradeira leición do mestre”, a quen moitos sinalan como o “guernica galego”, é o lenzo que sobrecolle a alma de quen o mire coa imaxe dun mestre que xace no chan á vista de dous cativos compunxidos. A Asociación Cultural Alexandre Bóveda, fundada na Coruña en 1976, ten como obxectivo a promoción, defensa da lingua e da cultura galegas, así como a figura e pensamento do ilustre nacionalista que lles da nome. Entrevistamos a Jorge Castro, membro da Asociación, para coñecer a súa posición sobre a celebración do Ano Castelao.

Especial Ano Castelao (XVI) “Olla meu irmán honrado o que acontece con Daniel, os que o tiñan desterrado agora falan ben del” Jorge Castro, Asociación Alexandre Bóveda Ler máis »