Observatorio Galego da Lusofonía : Liña de investigación

OGALUS: Observatorio Galego da lusofonía
OGALUS: Observatorio Galego da lusofonía

OGALUSObservatório Galego da Lusofonía é uma iniciativa do IGADI desde 2008 que tem como missão essencial manter uma atenção constante aos países e regiões de língua oficial portuguesa, de forma a promover o maior aproveitamento possível da afinidade linguística que a Galiza tem com estes territórios, além das sinergias nos diversos setores e os reflexos da lei Valentín Paz Andrade e a recente adesão da Espanha à CPLP.

Coordenador: Daniel González Palau

igadi nos no mundo 2025 weintheworld pages to jpg 0001 1

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau

Artigo orixinalmente publicado no Informe anual da Acción Exterior de Galicia -Nós No Mundo 24-25

Da Lei Paz Andrade ás relacións de Galicia e España coa lusofonía: o caso Macau Ler máis »

Pensalo2Veces

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (1991-2026) manifesta a súa preocupación ante a negativa expresada pola Xunta de Galicia a contar cunha representación propia no seo da UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) e ONU Turismo, nun contexto no que o Goberno de España está a traballar para facilitar a presenza de Euskadi e Cataluña nestas institucións internacionais.

O IGADI solicita á Xunta que reconsidere a participación de Galicia na UNESCO e ONU Turismo Ler máis »

temex51capa

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global

O novo número da publicación académica do IGADI foi coordenado por Camelia Tigau, investigadora do Centro de Investigacións sobre América do Norte, da Universidad Nacional Autónoma de México. O número 51 continúa os avances do portal Open Journal System do Tempo Exterior, que renovou a súa imaxe gráfica no ano 2025, coincidindo co número 50 da publicación histórica do IGADI.

O Tempo Exterior 51 céntrase na diplomacia das diásporas no S.XXI desde unha perspectiva global Ler máis »

pt Visita CCCM Galicia 1

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau

Entre o 27 e o 31 de outubro de 2025, o IGADI recibiu en Galicia unha delegación do Centro Científico e Cultural de Macau (CCCM). O CCCM é unha institución portuguesa nacida no ano 1999, que ten por misión producir, promover e divulgar coñecemento sobre Macau como plataforma entre Portugal e a República Popular da China, así como entre Europa e Asia. O CCCM naceu na secuencia da devolución de Macau á República Popular da China. O CCCM está baixo a tutela do Ministerio portugués da Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior.

Galicia no mundo do futuro: Ideas dunha semana co Centro Científico e Cultural de Macau Ler máis »

pt Visita CCCM Galicia 1

Macau, estratéxico para a economía galega?

As primeiras evidencias da cultura chinesa en Macau datan entre 4000 e 6000 anos. Tras formar parte durante diferentes dinastías da provincia de Cantón, de Nanhai e Dongguan, no século XII pasou a depender administrativamente do novo distrito de Xiangshan. Pero Macao non se desenvolveu como establecemento importante ata a chegada dos portugueses en 1513. Pero non foi ata 1553 que comezou a presenza permanente lusa en Macao, cando comezaron a establecer almacéns de comercio en terra. Tanto comerciantes portugueses como chineses afluíron a Macao, que rapidamente se converteu nun polo importante no desenvolvemento do comercio de Portugal con India, China do sur, Xapón, e Sueste Asiático. Máis tarde, Macao foi alugado por Portugal ao Imperio chinés como porto comercial (1557), os portugueses pasaron a administrar a cidade durante máis de tres séculos baixo autoridade e soberanía de China. A pesar do trunfo español na batalla de Alcántara (1580), da unificación ibérica e o recoñecemento da soberanía de Felipe II, Macao mantivo a súa autonomía, o seu comercio e a bandeira de Portugal.

Macau, estratéxico para a economía galega? Ler máis »

ciclo conferencias estudos europeus.392x0 is pid2428350

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro

O OGALUS, nacido no 2008, como proxecto estratéxico do IGADI, acumula ducias de análises, publicacións e actividades académicas e divulgativas variadas, conectando a Galicia aos países e territorios de lingua oficial portuguesa.

O Observatorio Galego da Lusofonía do IGADI participa no Ciclo de Estudos Europeus da Universidade de Coimbra o 2 de decembro Ler máis »

dgp uvigo

Xornada “Acción Exterior galega: lusofonía” 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo

A Facultade de Relacións Internacionais da UVigo organiza o 24 de novembro, ás 16:00, no Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial do Campus de Ourense, unha xornada dedicada ao papel da lusofonía na acción exterior galega. Participarán Xosé Lago, subdirector de Acción Exterior da Xunta; Daniel González Palau, director do IGADI; e Burghard Baltrusch, director

Xornada “Acción Exterior galega: lusofonía” 24 de novembro no Campus de Ourense-Universidade de Vigo Ler máis »