Lusofonía : Palabra chave

IGADI ANAGRAMA

O IGADI lidera dous proxectos financiados polo Ministerio de Exteriores que reforzan o seu perfil internacional e o compromiso coa Acción Exterior de Galicia

Os proxectos “O papel da muller no mundo actual: A Política Exterior Feminista e a Cimeira do Futuro” e “España na CPLP: un novo horizonte para o multilateralismo” aliñéanse coas prioridades da política exterior española e a Acción Exterior de Galicia. Fináncianse grazas ás convocatorias de proxectos da Secretaría de Estado de Asuntos Exteriores e Globais.

A Republica dos Sonhos 2024

Galicia tece pontes co mundo e coa lusofonía a través do Convenio 2024 entre a Deputación de Pontevedra e o IGADI

A Deputación de Pontevedra e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) veñen de poñer en marcha o proxecto “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”. Enmarcado no convenio de colaboración Deputación de Pontevedra-IGADI 2024, o proxecto aposta por proxectar a identidade galega a nivel global, cunha especial atención á conexión co universo lusófono e as relacións Galicia-Portugal.

25abril

Entrevista en Radio Líder a Daniel González Palau arredor do 50 aniversario do 25 de abril

O xornalista Fernando González Macías de Radio Líder entrevistou no programa Al Día, ao Director do IGADI, Daniel González Palau, no marco do 50 aniversario da Revolución dos Cravos (pincha na ligazón para escoitala). https://go.ivoox.com/rf/128039466

OGALUS

Editorial Tempo Exterior nº47: A percepción de Galicia en Portugal e os países lusófonos

No mundo globalizado que nos toca vivir, non chega con ser dun territorio, dun país, identificarse co mesmo e sentilo como propio. O territorio, o país, é unha realidade en si, pero ao mesmo tempo é o que outros ollan e perciben del. Polo tanto, Galiza é algo máis que unha nación, unha sociedade e unha lingua, tamén é o resultado da imaxe que proxecta no exterior. Nesta imaxe procuramos centrarnos nunha comunidade cultural e idiomática moi parella á nosa, irmá, como é a conformada polas nacións de lingua oficial portuguesa.

gzlusofonie

Lula e Galicia na construción da lusofonía

No estudo“La Lusofonía impulsada por Brasil: un análisis de los procesos de regionalización en el corredor de Nacala 2010-2016” (2018, Lucía Viceconte, IUDC-UCM) a autora fundamenta ao longo da obra que os gobernos de Lula da Silva e Dilma Roussef autoconstruíron a Lusofonía como ferramenta de poder brando do Brasil no escenario internacional do S.XXI. …

Lula e Galicia na construción da lusofonía Ler máis »

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa

Os acordos de colaboración asinados ao longo do primeiro cuadrimestre deste 2023 aspiran a sistematizar a relación co IGADI e a visibilizar os intereses compartidos entre as tres entidades. A formalización dos acordos procura sinerxías e complementariedades no traballo ordinario das organizacións, así como oportunidades de colaboración concretas, reforzando os intereses comúns arredor da proxección …

Asinamos acordos de colaboración coa Asociación Internacional de Estudos Galegos, a Revista Murguía e a Juventude Unida dos Países da Língua Portuguesa Ler máis »