Pan
Director executivo da Academia de Gobernanza Global e Estudos de Área e director da Escola de Linguas Estranxeiras da Universidade Tecnolóxica de Guangdong (GDUT).
Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.
Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no marco da Responsabilidade Social Corporativa.
Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.
Director executivo da Academia de Gobernanza Global e Estudos de Área e director da Escola de Linguas Estranxeiras da Universidade Tecnolóxica de Guangdong (GDUT).
A publicación nace da reflexión de que un maior coñecemento mutuo é imprescindible para a consecución dos retos globais da Axenda 2030. Lánzase no marco das actividades que realizaremos para visibilizar o Cumio do Futuro 2024 de Nacións Unidas (22 e 23 de setembro).
Estados Unidos arrastrou a Reino Unido, Canadá, Alemaña, Xapón, Francia, Finlandia, Holanda, Italia, Australia ou Suecia, entre outros países, a suspender o financiamento de UNRWA, a Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina, tras as acusacións de Israel de que efectivos do seu persoal participaron no ataque de Hamás do 7 de outubro de 2023. Iso a pesar de que a UNRWA anunciou a decisión de “rescindir inmediatamente os contratos” dos seus empregados presuntamente implicados e “iniciar unha investigación”. Non sabemos ata onde as acusacións foron acreditadas pero, convenientemente, déronse por certas dende o primeiro momento. Palabra de Israel, palabra de deus.
Como avanza a Axenda 2030 en España e Galicia?
Milton Jorge Monteiro dos Santos, de nacionalidade cabo verdiana, é natural de São Francisco, Cidade da Praia. É licenciado em Geografia e ordenamento do território pela Universidade de Cabo Verde. Atualmente residente em Santiago de Compostela e estudante do Mestrado de Planeamento e Gestão territorial pela Universidade de Santiago de Compostela. No 2023 apresentou o trabalho “Atitude dos residentes face ao desenvolvimento do turismo rural em Ribeira de Principal, Calheta São Miguel e em Padrón, Galiza-Espanha: Uma análise comparativa”.
Este artigo fai parte do Informe anual da acción exterior de Galicia Nós No Mundo 2022-2023 “Construíndo o futuro, activando a Lei de Acción Exterior”.
O peche do ciclos dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) deu paso a que o 25 de setembro de 2015 a ONU adoptase unha nova lista de metas: os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Con vixencia ata o ano 2030, esta lista concretouse en 17 obxectivos xenéricos (táboa 1), que se materializan en 169 metas medibles e 230 indicadores.
Este artigo fai parte do Informe anual da acción exterior de Galicia Nós No Mundo 2022-2023 “Construíndo o futuro, activando a Lei de Acción Exterior”, podes descarregalo completo aquí.
Logo dun periplo de cinco anos de negociación, a mediados do mes pasado asinouse o Acordo de Samoa, un texto xurídico de alcance global que dará cobertura xurídica durante os próximos 20 anos á cooperación da Unión Europea cos países dos bloques rexionais de Africa, o Pacífico e o Caribe, os chamados países ACP, arredor de temas coma os dereitos humanos, democracia e gobernanza, paz e seguridade, desenvolvemento humano e social, crecemento, desenvolvemento económico sostible, inclusivo e medioambiental, ademais de cambio climático, migracións e mobilidade.
No último informe do progreso sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), o secretario xeral da ONU, António Guterres, denuncia que o 80 por cento das 169 metas mostran un progreso feble ou retroceso. Hai quen achaca isto aos efectos da pandemia de Covid-19 pero, en realidade, esta non fixo mais que agravar unha tendencia inapelable. Este réxime de capitalismo depredador e insaciable que nos abafa non é quen de introducir os mecanismos correctores mínimos para garantir que o noso mundo de abundancia reverta nunha mellora das condicións básicas de existencia para a inmensa maioría da humanidade. Os que mandan no mundo viven só para ganar, como cantaba Fausto.