Cooperación Internacional e Axenda 2030 : Liña de investigación

Como Liña de Investigación aproximámonos á Cooperación Internacional desde a historia e os fundamentos do sistema internacional deseñado por Nacións Unidas trala Declaración de Dereitos Humanos do ano 1948, así como polas novas dinámicas desenvolvidas nas últimas décadas e que cristalizan no operativo na actual Axenda 2030.

 

Desde a evolución histórica da Cooperación para o desenvolvemento aproximarémonos a procesos globais e particulares de cooperación internacional impulsadas desde organizacións internacionais, Estados, rexións ou cidades, así como axentes non estatais, onde as ONGD´s teñen un papel protagonista, aínda que tamén fundacións e empresas no  marco da Responsabilidade Social Corporativa.

 

Cómpre significar que no marco das tres décadas de traxectoria do IGADI a reflexión arredor da Cooperación Internacional é unha constante, que precipitou éxitos operativos como a creación e dinamización do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade entre 1997 e o 2020.

 

Coordina: Daniel González Palau.

O Cumio das Nacións Unidas sobre ambición climática (CAS) celebrado na Sede das Nacións Unidas, Nova York o 20 de setembro de 2023, tivo como obxectivo acelerar a acción climática como preludio da 28a Conferencia das Partes (COP28) da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC).

As portas do inferno están abertas

Apartados xeográficos Outros

A crise climática é unha realidade que está a avanzar a un ritmo aínda maior do agardado, provocando desastres e acendendo alarmas por todo o planeta. Despois de décadas de acción climática insuficiente, “a humanidade abriu as portas do inferno”, en palabras do secretario xeral das Nacións Unidas, Antonio Guterres, pronunciadas o 20 de setembro pasado na Climate Ambition Summit, auspiciada por el en Nova York. Un encontro concebido para tentar impulsar a acción climática a pouco máis de dous meses do cumio climático anual que terá lugar en Dubai.

Xose Veiras Garcia

Veiras García

Licenciado en Bioloxía pola Universidade de Santiago e diplomado especialista en sustentabilidade, ética ecolóxica e educación ambiental pola Universidade Politécnica de Valencia. Educador e consultor ambiental. Promotor do Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI). Co-autor do libro Mapa ecosocial de Galicia (Catro Ventos Editora, 2019).

O Ministro de Exteriores Shimon Peres, o presidente Bill Clinton, o primeiro ministro Yitzhak Rabin e o presidente Yassser Arafat nun dos actos posteriores a cerimonia de sinatura do Acordo de Paz de Oriente Medio. Esta imaxe foi fotografada por Robert McNeely.

Dos Acordos de Oslo ao apartheid

Cando o 13 de setembro de 1993 asinouse a Declaración de Principios entre Israel e a Organización para a Liberación de Palestina en Washington, máis coñecida pola denominación dos Acordos de Oslo, reinaba un xeneralizado clima de optimismo nas relacións internacionais. As grandes potencias occidentais (en particular, Estados Unidos) interpretaron en clave triunfalista os transcendentais cambios rexistrados entón na escena mundial: conversacións e acordos de desarmamento entre Washington e Moscova, caída do muro de Berlín e desaparición da Unión Soviética. En definitiva, o fin da Guerra Fría concluía con catro décadas e media de tensión bipolar e a expansión do sistema capitalista co reforzo da súa vertente neoliberal.

Capa TE 46

Publícase o Tempo Exterior 46: Reflexións sobre paz, dereitos humanos e protección en contextos de conflito

O Tempo Exterior continua a súa terceira etapa histórica baixo a dirección do profesor da Universidade de Vigo Celso Cancela, achegándose no número 46 de maneira monográfica á paz, os dereitos humanos e a protección en contextos de conflitos. O número especial, coordenado por Mónica López Viso (Universidade de Vigo) e Joao Casqueira (Universidade Fernando …

Publícase o Tempo Exterior 46: Reflexións sobre paz, dereitos humanos e protección en contextos de conflito Ler máis »