Economía : Liña de investigación

Galicia como suxeito económico precisaría reformular a súa estratexia no ámbito económico internacional co fin de facer fronte aos retos que se aveciñan. É por iso que desde o IGADI se crea a presente Liña de Investigación en Economía, unha liña que teño a responsabilidade e o pracer coordinar e que pretende reflexionar a través das achegas de diferentes autores de referencia sobre a actividade económica galega en relación co mundo e viceversa.
Coordina: Diego Sande Veiga

CdComercio SCQ Maria Pais 1

“A Cámara de Comercio de Compostela aposta pola promoción internacional”, afirma a súa nova presidenta María País

Liñas de investigación Economía Paradiplomacia

María Pais, nada en Negreira, leva case unha década vinculada ao Grupo Quatrium (Logrosa Solucións), unha empresa que ofrece servizos globais dentro do sector farmacéutico e inmobiliario. Formada nas universidades de Santiago de Compostela e Barcelona, completou o seu currículum académico cunha formación en economía e intermediación inmobiliaria na UNED, e de marketing e ventas na ESADE. Ademais foi membro do Comité executivo do pleno anterior da Cámara de Comercio de Santiago.

image 11

Entrevista a Pablo Cabanelas “A diáspora é unha fortaleza económica para Galicia”

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Pablo Cabanelas Lorenzo é Profesor Titular do Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo. Está adscrito á Escola Universitaria de Estudos Empresariais, na área de Comercialización e Investigación de Mercados. Forma parte do Grupo de Investigación de Organización do Coñecemento e na actualidade coordina o Mestrado Universitario en Comercio Internacional da mesma universidade.

Flag of Europe.svg

A Política Pesqueira Común: cara unha nova reforma?

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Europa

O sector económico e produtivo vinculado ao mar foi historicamente un dos tractores da transformación económica e social de todos os países costeiros en Europa, e polo tanto tamén na Galiza. Desta forma, dende as súa orixe, a Unión Europea foi lexislando as diferentes actividades económicas relacionadas coa produción e transformación de alimentos do mar, …

A Política Pesqueira Común: cara unha nova reforma? Ler máis »

Tempo exterior Nº 45

Publicamos o número 45 da revista Tempo Exterior: O comercio internacional na pandemia, Latinoamérica

O número 45 da nosa publicación semestral, coordenado por Raquel Isamara León de la Rosa (Universidade de Puebla UAP, México) e Adolfo Federico Herrera García (Universidade de Puebla UAP, México), analiza o impacto socioeconómico da pandemia no mundo, con especial incidencia en América Latina e as relacións coa China. Sae á rede co apoio do …

Publicamos o número 45 da revista Tempo Exterior: O comercio internacional na pandemia, Latinoamérica Ler máis »

Liña de investigación: Economía galega e relacións económicas internacionais

Liñas de investigación Economía

No momento actual a economía mundial atópase convulsa como consecuencia dunha multiplicidade de factores: a crise financeira de 2008 e a recente pandemia mundial son dous dos principais shocks acontecidos a nivel global nos últimos anos. En primeiro lugar, a última grande crise económica e sistémica do modelo de acumulación financiarizado sacudiu con intensidade á …

Liña de investigación: Economía galega e relacións económicas internacionais Ler máis »

Jesús Gamallo asinando no Libro de Visitas do IGADI, no 2019,

O Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ofrece ao IGADI a visión institucional sobre o desenvolvemento da Acción Exterior en Galicia

Liñas de investigación Economía
Apartados xeográficos Acción exterior de Galicia

Jesús Gamallo Aller é Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea desde 2009. Naceu en Santiago de Compostela en 1961. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Cursou estudos correspondentes ao terceiro ciclo durante os cursos académicos 1986-87 e 1988-89 no programa de doutoramento “Dereito Autonómico e Comunitario Europeo”. …

O Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ofrece ao IGADI a visión institucional sobre o desenvolvemento da Acción Exterior en Galicia Ler máis »